A luz prodixiosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A luz prodixiosa
Título orixinal La luz prodigiosa
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Miguel Hermoso
Produtor Martín Cabañas
Guión Fernando Marías
Baseado en La luz prodigiosa, novela da Fernando Marías
Intérpretes Alfredo Landa
Nino Manfredi
Kiti Manver
José Luis Gómez
Música Ennio Morricone
Fotografía Carlos Suárez
Montaxe Mauro Bonanni
Estudio
Distribuidor
Ano 2003
Duración 108 minutos
País España España, Italia Italia
Xénero Drama
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

La luz prodigiosa (A luz prodixiosa na drobaxe galega)[1] é unha película española de 2003 dirixida por Miguel Hermoso.

Argumento[editar | editar a fonte]

A principios da Guerra Civil española, un pastor, chamado Joaquín, socorre un chaval que os seus verdugos deron por morto na contenda. Joaquín recólleo na súa casa e pouco a pouco empeza a interesarse polo seu pasado. Logo, déixao nun convento ao coidado dunha monxa. Pasados 40 anos, en 1980, reencóntrase con el en Granada. Un feito fortuíto axuda ao mendigo a recuperar a súa memoria perdida, chegando a pensar que é o mesmo Federico García Lorca.

Comentarios[editar | editar a fonte]

Baseada na novela homónima do escritor e guionista Fernando Marías.

Miguel Hermoso abre a polémica do que pasou co poeta granadino tras a súa execución no ano 1936. Non se sabe con certeza onde quedaron os seus restos, aínda que os indicios apuntan a que está enterrado nunha fosa común da localidade de Víznar, provincia de Granada.

Notas[editar | editar a fonte]