A historia de Genji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Texto escrito da primeira folla de álbum ilustrado (século XII) da Historia de Genji

A historia de Genji (源氏物語 Genji Monogatari?) é unha obra clásica da literatura xaponesa atribuída á nobre xaponesa Murasaki Shikibu de comezos do século XI, no cumio do período Heian. É considerada por algúns a primeira novela, a primeira novela moderna, o primeira novela sicolóxica ou primeira novela considerada un clásico.

O crítico Harold Bloom inclúe a "Historia de Genji" na súa lista das 100 obras canónicas mundiais, indicando que equivale ao que Don Quixote representa na literatura occidental. É, aínda que é considerada universalmente coma unha obra-prima, a súa clasificación precisa e influencia nos canons occidental e oriental é un asunto de debate.

[editar] Título

Realmente a obra non ten título, polo que recibiu numerosas denominacións, das cales a máis común e aceptada Genji Monogatari ( 源氏物語 A historia de Genji?). Sen embargo, a obra foi publicada baixo diversos títulos: conto/relato/historia Murasaki no Monogatari (紫の物語 O conto/relato/historia de Murasaki?), Hikaru Genji (光源氏?), Genji (源氏?), Gengo (源語? palabra formada polo primeiro kanji de Genji e o segundo de monogatari), Shibun (紫文? palabra formada polos ideogramas de Murasaki e de escrito), entre outros.

[editar] Contido

Genji monogatari é unha extensísima narración que refire a vida e aventuras amorosas do ficticio príncipe Hikaru Genji ("príncipe Brillante") e dos seus descendentes ao longo de 54 capítulos que ocupan un total de 4.200 páxinas. Os primeiros 41 capítulos comezan cos amores entre o emperador Kiritsubo e unha dama de rango inferior na súa corte, dos que nace o protagonista, Genji. Este mantén unha ilícita aventura coa súa madrasta, a dama Fujitsubo, que conclúe ao morrer Murasaki, a muller que máis significou na súa vida. Á par desenvólvese a historia do ascenso social de Genji na corte e a súa caída en desgraza, seguida do seu exilio e retorno. Os 13 capítulos restantes (3 capítulos transitorios e os denominados 10 capítulos Uji) contan a historia dos descendentes de Genji: o seu fillo Kaoru e mais o seu neto, o príncipe Niou. Os amores e rivalidades destes personaxes continuarán as peripecias de Genji sen conseguir a brillantez anterior[Cómpre referencia]. Porén, este relato está trufado de todo tipo narracións episódicas que converten a obra nun vasto fresco da sociedade da época.

Da novela extráese unha melancolía existencial motivada polo contraste entre o refinamento aristocrático e as fermosuras da natureza cos sufrimentos e miserias orixinadas e impostas aos sentimentos dos personaxes femininos, vítimas dunha sociedade poligámica. O sentimento do efémero, que confire á narración a filosofía budista, acentúase no final da obra e contribúe a esa sensación melancólica. A novela esta inxerida de pequenos poemas (acostuman ser de catro versos), e a miúdo constitúen a parte máis importante dos diálogos dos personaxes, que os envían entre si por escrito ou os recitan mutuamente nos momentos máis emotivos.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas