A festa non vai parar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A festa non vai parar é o segundo sinxelo de DJ Son1c e está considerada a primeira canción dance en galego[1].

Características[editar | editar a fonte]

A vocalista da canción é a catalá Montse Fernández, alcumada Isis.[2] A canción foi producida por Mak & Sak.[3] A Festa Non Vai Parar publicouse en decembro de 2007 a través do portal moguda.com, sendo de libre descarga e acadando un notable éxito nas discotecas galegas.[4]

No 2008 A festa non vai parar representou a España no festival Eurodanceweb 2008, unha especie de Eurovisión de música dance, onde se escolleu a mellor canción dance de Europa. A Festa Non Vai Parar quedou de 7ª de 40 Países.[5]

Versións[editar | editar a fonte]

  • "A Festa Non Vai Parar (Radio Edit)" (2007)
  • "A Festa Non Vai Parar (Extended)" (2007)
  • "A Festa Non Vai Parar (Dream Guardians Radio Edit)" (2007)
  • "A Festa Non Vai Parar (Dream Guardians Club Mix)" (2007)
  • "A Festa Non Vai Parar (Sweet Remix)" (2007)
  • "A Festa Non Vai Parar (Tommie Marshal remix)" (2015)
  • "A Festa Non Vai Parar (Tss proyect remix)" (2015)
  • "A Festa Non Vai Parar (Javi Slink Remix)" (2015)
  • "A Festa Non Vai Parar (Dream Guardians Remix" (2015)
  • "A Festa Non Vai Parar (Jack Mazzoni remix Radio Edit" (2018)
  • "A Festa Non Vai Parar (Jack Mazzoni remix Extended" (2018)
  • "A Festa Non Vai Parar (Chill Out Remix)" (2018)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Hay una crisis de la noche» Arquivado 16 de setembro de 2008 en Wayback Machine., entrevista de Nacho Mirás Fole en La Voz de Galicia, 25 de agosto de 2008.
  2. Entrevista a Isis no programa nº17 de Frecuencia de Baile. Radio Ordes. 14 de febreiro de 2009.
  3. "moguda.com". Archived from the original on 05 de maio de 2010. Consultado o 21 de febreiro de 2022.  (en catalán)
  4. "O 'dance' en galego pisa con forza", artigo en El Progreso, 17 de xuño de 2008.
  5. "Eurodanceweb 2008 award". Archived from the original on 30 de novembro de 2009. Consultado o 18 de xuño de 2010.  (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]