A faloteca islandesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sigurður Hjartarson, fundador da faloteca.

A faloteca islandesa atópase en Húsavík, ao norte de Islandia. Caracterízase por posuír a máis extensa colección de pene de diferentes especies e tamaños.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Sigurður Hjartarson, que fora profesor de Historia nun instituto de Reiquiavik, foi o fundador da faloteca en 1974, e hoxe é o director do museo.

En xullo do 2006 o museo tiña uns 245 exemplares expostos, tanto como trofeos de caza, embalsamados, en formol ou desecados. O obxectivo do museo é ter os penes de todas as especies de mamíferos en Islandia[1], mesmo os de diferentes especies que se atopan en perigo de extinción no devandito país.

A pesar de que o museo aínda non ten un exemplar de pene de Homo sapiens, debido ao interese polo avance do coñecemento falolóxico, un mecenas chamado Páll Arason, nado en 1915 e actualmente de 94 anos de idade, asinou unha acta notarial para a doazón póstuma do seu pene.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén exhibe algúns exemplares de penes de mamíferos que non viven en Islandia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A faloteca islandesa

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]