A banda de Ovidio
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| La Bande à Ovide | |
|---|---|
| Formato | Serie de animación |
| Desenvolvido por | CinéGroupe |
| Dirixido por | Raymond Burlet, Jean Saraulta |
| País de orixe | Canadá |
| Lingua(s) | Francés |
| Número de episodios | 65 |
| Produción | |
| Produtor(es) executivo(s) | Jacques Vercruyssen, Jacques Pettigrew, Violette Vercruyssen-Wacha |
| Duración | 13 minutos |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | Télévision de Radio-Canada |
| Tempo de emisión | 12 de marzo de 1987 – 20 de novembro de 1988 |
A banda de Ovidio é unha serie de animación para a televisión producida polo estudio canadense CinéGroupe en asociación co belga Odec Kid Cartoons, os carácteres creounos e deseñounos Bernard Godi en cooperación co artista e animador belga Nic Brocque[1]. A serie emitiuse orixinalmente en Télévision de Radio-Canada na tempada 1987-1988. En Galicia emitiuna a TVG en 1987.
Sinopse [editar]
A serie ten como protagonista a Ovidio, un parrulo que vive nunha illa tropical dos mares do sur, onde lle acontecen un mundo de aventuras coa súa banda de amigos, Ventrucho que é o seu curmán, Guá, o tucán, e Polo, un simpático lagarto. Mais tamén ten que facer fronte aos malevos da illa, Zozo, un tucán de peteiro irisado, e Pi a pitón.