A Whisper in the Noise
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| A Whisper in the Noise | |
|---|---|
A Whisper in the Noise, Brno, 2012 |
|
| Información | |
| Orixe | Minneapolis-Saint Paul, Minnesota, |
| Período | |
| Xénero(s) | art rock, post-rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Transdreamer Records, Exile on Mainstream, Southern Records |
| Membros | West Thordson Steve Yasgar Matt Irwin Hannah Murray Chris Quinn Sonja Larson Nicholas Conner Rachel Drehmann Andrew Broste Chris Rocha Theodora Wynhoff |
| Antigos membros | |
| Web oficial | myspace.com/awitn |
A Whisper in the Noise é un proxecto de art rock do compositor West Thordson. Baseado na area metropolitana de Minneapolis-St. Paul, o grupo é coñecido polo seu son escuro e a súa instrumentación única, así como polas súas presentacións ao vivo. Evitando o uso máis tradicional da guitarra e os teclados pesados, a instrumentación de A Whisper in the Noise inclue violonchelo, violín, trompa, sintetizador, teclados, baixo e distintos tipos de percusión. A expresión minimalista resultante, o arranxo único dos instrumentos, e a inclusión de elementos visuais durante os concertos fixeron que abanda fose descrita como art rock.
Discografía[editar]
- Through the Ides of March - 2003
- 2D - 2004
- As the Bluebird Sings - 2006
- Dry Land - 2007 (Exile on Mainstream)
- To Forget - 2012 (Exile on Mainstream)