A Verónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa Verónica
Saint veronica.jpg

Capela de Santa Verónica na Basílica de San Pedro
Proceso de canonización
Canonización Anterior á existenza da Congregación para as Causas dos Santos
Veneración
Santuario principal Basílica de San Pedro, Roma

A Verónica, segundo a tradición cristiá, foi a muller que, durante o Viacrucis, tendeu a Cristo un velo, lenzo ou pano (o pano da Verónica, lenzo da Verónica ou velo da Verónica) para que enxugara a suor e o sangue. Na tea quedaron milagrosamente impresas as faccións do Redentor (o Santo Rostro ou a Santa Face).

Adóitase renderlle culto pola súa vinculación coa figura de Cristo, e é moi común a súa representación pictórica ou escultórica portando o pano. En ocasións, o personaxe da Verónica identifícase co da Hemorroísa.

O pano da Verónica sería unha das reliquias que se consideran vera icon; ou sexa, verdadeiras imaxes de Cristo, como o Mandylion de Edesa, a Saba Santa de Turín ou o Santo Sudario de Oviedo.

En catro lugares distintos consérvanse reliquias coñecidas como o pano da Verónica:

O paradoxo da multiplicidade de panos resolvíase co recurso á posibilidade de que a Verónica dobrara o pano dúas veces antes de que o sangue de Xesús se secara, co que serían catro as imaxes obtidas. Porén a palabra grega tetradiplon ("dobrado catro veces") resérvase para a denominación do Mandylion de Edesa. Sinalouse a coincidencia de que nas lendas máis antigas, a Verónica apareza citada como unha princesa de Edesa.[1]

A etimoloxía do nome Verónica foi interpretada popularmente como proveniente do latín vera icon, 'imaxe verdadeira', pero é máis probábel que proceda do grego Βερενίκη (Berenice), forma dialectal macedonia de Φερενίκη (Ferenice), "portadora da vitoria".[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Santo Sudario en Enciclopedia Católica.
  2. Heikki Solin, Martti Leiwo, Hilla Halla-aho, Latin vulgaire / Latin tardif, en Actes du VIe colloque international sur le latin vulgaire et tardif, Helsinki, 2000. Hildesheim: Olms-Weidmann, 2003. Pp. xvi, 594. ISBN 3-487-11849-1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Verónica