A Static Lullaby
| A Static Lullaby | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Chino Hills, California, Estados Unidos |
| Período | 2001 - 2012 |
| Xénero(s) | post-hardcore, emo, screamo, metalcore |
| Selo(s) discográfico(s) | |
| Membros | Joe Brown Dan Arnold Dane Poppin Tyler Mahurin |
| Antigos membros | |
| Web oficial | http://www.astaticlullaby.com |
A Static Lullaby é unha banda de música rock estadounidense formada en Chino Hills, California no 2001. Actualmente está composta por Joe Brown (voz), Dan Arnold (voz e guitarra), Dane Poppin (baixo e coros) e Tyler Mahurin (batería).
Índice |
[editar] Biografía
A Static Lullaby xurdiu de xeito casual despois dunha jam session nun instituto onde os membros de distintas bandas xuntáronse nun único grupo. Formada en 2001, a banda comezou a súa traxectoria co vocalista Joe Brown, o baixista Phil Pirrone, o baterista Brett Dinovo e os guitarristas Dan Arnold e Nathan Lindeman. O seu primeiro concerto foi dúas semanas despois da súa formación e aos poucos foise facendo un oco no circuito local.
En setembro de 2001 a banda gravou a súa primeira canción en casa, titulada "Withered". Eles gravárona en CDs e editárona como unha demo. Venderon esta demo durante os anos 2001 e 2002 e fixeron unha xira pola costa oeste dos Estados Unidos ata que decidiron editar 3 temas desa primeira sesión de gravación xunto cun cuarto doutra. A banda conseguíu vender 6.000 copias.
En 2002 fixeron unha xira e chamaron a atención de moitos selos. Finalmente A Static Lullaby decidiu asinar un contrato coa Ferret Records, e despois diso comezou a traballar no seu primeiro disco ...And Don't Forget To Breathe. A banda pasou 18 meses na estrada para presentar o seu traballo, durante os cales tocou ao lado de grupos como AFI, My Chemical Romance e Brand New. Despois da extensa xira asinaron con Columbia Records e gravaron o seu segundo traballo, Faso Latido. Entre a crítica houbo opinións divididas e foron despedidos de Columbia. Nesa época, o baixista e vocalista Phil Pirrone sufríu un serio accidente de tráfico, polo que tivo que deixar a banda. Pirrone creou o seu propio selo discográfico, Longhair Illuminati, e formou a banda Casket Salesmen co guitarrista Nathan Lindeman.
[editar] Membros
[editar] Membros actuais
- Joe Brown: voz
- Dan Arnold: guitarra e voz
- John Death: guitarra e voz
- Dane Poppin: baixo e voz
- Jarrod Alexander: batería
[editar] Antigos membros
[editar] Discografía
[editar] Álbums de estudio
[editar] EPs
- Withered - 2002