A Ponte Maceira, Portor, Negreira

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ponte medieval
Ponte medieval

A aldea de Ponte Maceira está situada na parroquia de Portor, na parte leste do concello de Negreira. É unha poboación que está cruzada polo río Tambre.

En Ponte Maceira, entre os municipios de Ames e Negreira, está o conxunto monumental formado polo poboado primitivo, un antigo muiño, presa, capela, un pazo moderno e a gran ponte, construida sobre o Tambre no século XIII, aproveitando os piares de outro romano anterior. Consta de cinco arcos e dous máis pequenos.

Era paso obrigado no Camiño marítimo de Santiago unindo a cidade do Apóstolo Santiago con Fisterra. Existen numerosas lendas relacionadas coa tradición xacobea, como aquela que di que dende o norte viñan a todo correr os discípulos do Apóstolo Santiago, xa que non atopaban quen acollera o corpo decapitado de seu mestre. Detrás deles, os lexionarios romanos trataban de darlles caza. Os cristiáns cruzaron Ponte Maceira e ven como, de súpeto, ao facelo os romanos, a ponte vense abaixo e os perseguidos conseguen escapar grazas a esta intervención "diviña".

Aqui tivo lugar, nos primeiros anos do século XII, unha batalla entre os homes do primeiro arcebispo de Compostela Diego Xelmírez e as tropas de Pedro Froilaz de Trava e os seus fillos Fernando Pérez de Trava e Bermudo, cos que os enfrontamnetos na fronteira do Tambre da Terra de Santiago eran habituais. A Historia Compostelá relata o feito:

...Por este tempo o conde Pedro, aio do rei, cos seus fillos Bermudo e Fernando e os seus auxiliares, molestaba a Compostela e asaltaba frecuentemente aos homes e os gandos. Unhas veces saía ben, outras dáballe as costas ásfrechas, segundo as visicitudes da guerra. Cómo o pasou en Ponte Maceira, e os moitos homes e armas que perdeu, sería longo de contar...

En arquitectura relixiosa destaca a igrexa románica de Portor.

[editar] Galería de imaxes

Vexa a Galería de imaxes de Negreira
Ferramentas persoais