A Ponte, Arante, Ribadeo
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Ponte.
| A Ponte | |
|---|---|
| Igrexa de Nosa Señora das Virtudes | |
| Parroquia | Arante |
| Concello | Ribadeo |
| Poboación | 9 hab. (ano 2009) |
A Ponte é un barrio da parroquia de Arante, Ribadeo construído en torno a unha ponte sobre o rego de Lexoso xusto antes de converxer o rego de Arante para formar o río Grande.
Índice |
[editar] Historia
A base comunal é tanto a ponte como a igrexa de Nosa Señora das Virtudes, datada no 1516 e onde se celebra a romaría das Cruces. Arredor deste lugar no 1809 desenvolveuse a chamada 'batalla de Arante'.
[editar] Patrimonio
No templo localízanse dúas inscricións:
A inscrición da igrexa sobre a súa fundación: "Esta obra mando acer el Senor Pero Pardo de Agiar Senor del Co(...) de San Marugo a su costa (...) icio de Nuestra Senora en el ano de 1516"
é dicir: Mandou facer esta obra o señor Pedro Pardo de Aguiar , señor do ... de San Marugo á súa costa ... [en beneficio] da Nosa Señora no ano de 1516.
No interior da igrexa tamén se pode observar o relato dun milagre, nun fresco de 1606, cunha inscrición que di: Domingo de Caranza i Agiar Capitan (...) Infanteria Espanola (...) estubo nesta sa Iglandenra. S.A. de las Virtudes el ano 1594: Elmso. ano. enbarco pa. Indias: en una nave (...) A.S: Catalina du fue por Capitan el ano sigiente de 95 en l Cavo de. S. Antoni. Le dio una tarecia tormenta de uracan in orte: q: q: brolos dos Arboles Maior i Triquete...
é dicir: Domingo de Carranza e Aguiar, capitán... infantería española... estivo nesta igrexa de Nosa señora das virtudes o ano de 1594. o mesmo ano embarcou para as indias nunha nave... a Santa Catalina onde foi nomeado capitán o ano seguinte (1595). No cabo de San Antonio deulle ataque unha recia tormenta de furacán e vento do norte que quebrou as dúas árbores, maior e trinquete...
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Arante, Ribadeo.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Arante
| Lugares da parroquia de Arante no concello de Ribadeo (Lugo) | |
|---|---|
|
O Barredal | Os Bestilleiros | Cei | Cima de Vila | Fondo de Vila | Os Fornos | A Madanela | As Pereiriñas | A Ponte | Portobragán | Rego de Mel | Remourelle | Vilamariz |