A Philosophical Investigation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Philosophical Investigation (Unha investigación filosófica) é un libro de Philip Kerr publicado en 1992. Non se pode clasificar xa que mestura moitos xéneros (elementos de ciencia-ficción, xénero negro, thriller, tamén prevalece o ton policíaco), polo que se distingue pola súa orixinalidade.

O libro divídese en dúas partes: nunha conta a historia e a outra parte fai referencia ao que pensa o asasino (un pequeno diario persoal)

Argumento[editar | editar a fonte]

Londres 2013, unha inspectora chamada Jake Jakcowicz é a encargada de resolver unha serie de asasinatos raramente particulares.

Jake xunto con Stanley (inspector tamén encargado dos asasinatos), por petición da ministra Grace Milles, comezan a investigar estes crimes cometidos por un home o bastante intelixente para pasar inadvertido e impedir que o descubra. Ela acepta o caso pola gran curiosidade que lle proporciona xa que o asasino fai referencia ás súas vítimas con nomes en clave de importantes filósofos (o que mestura a filosofía e outras artes). Este asasino es coñecido co nome "Asasino do Lombroso" xa que as vítimas pertencen a un famoso programa que estuda a capacidade cerebral de agresividade dos homes (programa Lombroso). Todos os homes asasinados pertencen aos NVM-negativos, que é como se fai referencia ás persoas con esta doenza.

Mentres investiga, Jake acude diariamente á súa cita coa psicóloga Blackwell, para tratar o gran odio que sente cara os homes, derivado da súa infancia pola presenza do seu pai.

A investigación dá un xiro cando Jake descubre que o asasino pertence aos NVM-negativos do Programa Lombroso e que o seu nome en clave é Wittgenstein. Este home ao ser descuberto rapidamente se pon en contacto coa inspectora, que xunto ao seu axudante Yat Chung e un profesor de filosofía de Cambridge comezan a estudar a conduta deste estraño suxeito.

Polo medio da investigación Jake coñece a Parmínedes (coñecido polo seu nome en clave: Shakespeare) que resulta ser o culpable dos asasinatos de seis mulleres que a inspectora trataba de resolver desde hai moito tempo (Asasino do Lápis de Beizos).

Ao final, unha vez descuberta a identidade do asasino, Jake descubre que Paul (Wittgenstein) é un técnico de enfermería e diríxese á súa casa. Ao chegar Paul xa a estaba esperando e o que pretendía era suicidarse pero a inspectora puido chegar a tempo para impedilo. Paul é condenado ao coma punitivo. Jake nese momento dáse de conta de que grazas a el, lograra superar o seu odio cara aos homes. O día da súa morte Jake foino visitar e el o único que lle explicou foi que "non era igual que os outros asasinos: el non mataba porque a voz de Deus llo pedía senón porque llo pedía a voz da lóxica".

Personaxes[editar | editar a fonte]

Principais[editar | editar a fonte]

  • Jake Jackovicz: inspectora xove, moi boa no seu traballo. É unha das protagonistas principais. Sinte un gran odio polos homes dende a súa infancia debido á presenza de seu pai.
  • Paul: (Wittgenstein) técnico de enfermería. Profesional no campo da electrónica. Sinte algún tipo de desexo cara a filosofía. Cree vivir nun mundo virtual onde el pode manexar a realidade á súa maneira. É moi intelixente. Resulta estar tolo e ser demasiado lúcido; dúas cousas claramente incompatibles á hora de explicar.

Secundarios[editar | editar a fonte]

  • Yat Chug: profesor especializado en electrónica, axudante da inspectora para estudar a conduta do suxeito.
  • Lang: profesor de filosofía de Cambridge. Gran experto na historia do verdadeiro filósofo Wittgenstein. Xunto Chung e a inspectora estudan o comportamento de Paula fronte aos asasinatos cometidos por el.
  • Grace Milles: ministra. Pídelle a Jake a súa participación na investigación dunha serie de crimes cometidos. É unha muller oportunista á que só lle interesa o diñeiro.
  • Stanley: inspector axudante de Jake.
  • Parmínedes: asasino do Lápis de Beizos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]