A Naifa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Naifa (expresión de rúa do inglés 'knife' para o termo portugués faca, isto é, coitelo) é un grupo musical portugués de fusión.

Historia[editar | editar a fonte]

En 2004 João Aguardela (substituído pola antiga namorada Sandra Baptista) fundou o grupo A Naifa con Luís Varatojo, Maria Antónia Mendes e Paulo Martins (substituído por Samuel palitos). As reminiscencias punk e rock e influencias que tiveron do fado fixeron que A Naifa se convertese nunha das bandas máis atípicas do panorama musical portugués, misturando as influencias inclusivamente a instrumentación do fado con percusións e guitarras da música popular.

As súas cancións son creadas a partir de poemas de autores portugueses como Adília Lopes, José Mário Silva e José Luís Peixoto, interpretados na voz de Maria Antónia Mendes.

En 2004 chegaron ás emisoras de radio portuguesas coa canción Música, do seu primeiro disco Canções subterrâneas, editado pola Sony Music. Dous anos despois, en marzo, publicaron o segundo disco, 3 minutos antes de a maré encher, máis consolidado e seguindo o mesmo coidado na instrumentación e nas letras que o anterior. No comezo de 2008 lanzaron o que foi o seu terceiro disco, Uma inocente inclinação para o mal, o cal, segundo Luís Varatojo, é o máis intimista e máis próximo do fado no que toca ás letras e á maior presenza da guitarra portuguesa. Foi editado pola Lisboa Records. Nese mesmo ano, en xullo, A Naifa tocou no festival música fusión de Badaxoz, Badasom.

Membros[editar | editar a fonte]

  • Luís Varatojo: guitarra portuguesa
  • Maria Antónia Mendes: voz
  • Samuel Palitos (substituto de Paulo Martins): batería
  • Sandra Baptista (substituta de João Aguardela): baixo

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Canções subterrâneas (2004).
  • 3 minutos antes de a maré encher (2006).
  • Uma inocente inclinação para o mal (2008).
  • Não se deitam comigo corações obedientes (2012)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]