A Mezquita, A Merca

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mezquita (homónimos).

GaliciaParroquias de GaliciaLugares de Galicia → Lugares da Merca → 'San Pedro da Mezquita'

Galicia en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel, especialmente se vives neste sitio, e contribúe a que a Galipedia ofreza a mellor información posíbel sobre o noso país. Pódeche resultar útil ver outros artigos sobre Galicia ou consultar o nomenclátor oficial.


San Pedro da Mezquita é unha parroquia do Concello de A Merca. Forman a parroquia os pobos de Arcas, O Campo, Compostela, A Eirexa, Freixeiro, Loureiro, Nogueira, Outeiro, A Torre e O Val.

Índice

[editar] Patrimonio histórico e artístico

No casco histórico de San Pedro destaca a Igrexa de San Pedro, bo exemplar da arquitectura románica.

Desde a igrexa pódese contemplar o Castro de San Marcos, ubicado nun lugar habitual na Cultura Castrexa.

Ten a Mezquita, ademáis dun escudo de certo interese situado nunha vivenda que noutrora fora castelo e unha fonte situada no centro da vila, un Monumento Nacional de destacada importancia.


Trátase dunha igrexa románica con elementos de transición ó gótico do ano 1.202 (segundo consta na inscrición da porta Oeste, aínda que se sabe que existía no ano 986 por un documento que a cita.)


De unha soa nave de planta lonxitudinal e ábside semicircular, con contrafortes que destacan en toda a construcción. O ábside, de grandes dimensións centrado por unha cruz latina, está cuberto con bóveda de nervaduras e cuarto de esfera sobre nervios radiais e as súas ventanas son de arcos semicirculares.


Na fachada principal represéntanse entre outros temas, animais simbólicos, antropomorfos e a San Pedro e a Virxe; ademais dunha ventá con bóveda de medio punto e un rosetón. Para rematar na parte superior do teito nun "Agnus Dei" cunha cruz antefixa (feito insólito en Galicia).

[editar] Persoeiros ilustres

Nesta parroquia naceu o escritor, pedagogo e poeta Albino Núñez Domínguez.

[editar] Véxase tamén

Páxina Web da Mezquita. www.a-mezquita.com

Concello da Merca

[editar] Parroquias da Merca

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de A Merca

Corvillón (Santa María) | Entrambosríos (Santa Mariña) | Faramontaos (San Xes) | A Manchica (Nosa Señora de Lourdes) | A Merca (Santa María) | A Mezquita (San Pedro) | Olás de Vilariño (Santa María) | Parderrubias (Santa Olaia) | Pereira de Montes (Santa María) | Proente (Santo André) | San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro) | Zarracós (Santo André)

Ferramentas persoais