A Margarida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Democrazia è Libertà - La Margherita | |
|---|---|
| Antigo partido político de Italia | |
| Fundación | 24 de marzo de 2002. Disolto o 14 de outubro de 2007 |
| Sede | Via Sant'Andrea delle Fratte, 16 00187 Roma |
| Ideoloxía | Centrismo Democracia cristiá Federalismo europeo |
| Filiación internacional | Partido Demócrata Europeo |
| Publicación oficial | Europa |
| Páxina web | MargheritaOnLine.it |
La Margherita (A Margarida), foi un partido político italiano. O seu nome completo é La Margherita - Democrazia è Libertà ( A Margarida - Democracia é Liberdade ).
Xurdiu en 2001 como agrupación electoral de partidos políticos italianos situados no centro político, procedentes da disolución de antigos partidos como os democristiáns, republicáns e liberais, refundíndose despois nun só partido:
- Partito Popolare Italino, democristiáns;
- I Democratici, liberais;
- Rinnovamento Italiano, liberais.
Forma parte d´O Olivo e de PDE e o seu grupo no Parlamento Europeo (ALDE). Así mesmo adoitou presentarse ás eleccións na coalición A Unión, actitude que quere abandonar.
Europa [editar]
A Margarida está a favor da creación do Estado Europeo, é federalista e membro fundador do Partido Demócrata Europeo.