A Ilustración en Galicia
| Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2012.) |
No século XVIII, o reino de Galiza, coma o resto de Europa, veu xurdir un movemento que representou un novo interese polas ideas empíricas na filosofía, na política económica, nas ciencias como a física, a química ou a bioloxía e que se coñece co nome de Ilustración. Neste contexto comezou un proceso de construción e recuperación da conciencia da personalidade histórica, cultural e económica do reino de Galiza da man dos ilustrados galegos, persoeiros de letras que entendían a Galiza como unha sociedade diferenciada e como un reino cunhas necesidades específicas.
Na gran tarefa de modernizar o reino, de aproveitar os seus recursos humanos e naturais, tiveron un destacado papel as sociedades e academias galegas, tales como Academia de Agricultura del Reino de Galicia (inaugurada o 20 de xaneiro de 1765), a Sociedad Económica de Amigos del país del reino de Galicia (15 de febreiro de 1784) ou as Sociedades de Amigos do país de Santiago de Compostela (1784) e Lugo (1785), así como ambiciosas propostas como o Real Montepío de Pescadores del reino de Galicia (1775). Os ilustrados foron os primeiros en denunciar as penurias do reino, a maior parte delas derivadas da negativa política que nel levaron a cabo o Reis Católicos e os Habsburgo, de xeito que se denunciou o estado das vías de comunicación, as importacións innecesarias, a masiva emigración, as políticas de aculturización lingüística e en definitiva a marxinación económica do reino, conseguindo con elas éxitos como a constitución na Coruña do Consulado Marítimo e Terrestre habilitándose a cidade para comerciar coas colonias americanas.
Pola súa enorme contribución á lingua e cultura do reino destacan dous eclesíasticos, Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro e Martiño Sarmiento; o primeiro denunciou antes ca ninguén a miseria do sector campesiño galego propoñendo cambios na administración do reino, o segundo con amplos coñecementos de botánica, medicina natural e arquivística, dedicouse á filoloxía sendo un aférrimo defensor do galego (idioma do reino), erguendo a voz contra aqueles que trataban de desprestixialo. No eido económico, destacan entre outros; aristócratas (fidalgos) tales como Xosé Cornide de Saavedra, Pedro Antonio Sánchez ou Lucas Labrada; ecleciásticos como Francisco de Castro e comerciantes como Antonio Raimundo Ibáñez, aos que se lles deben numerosas obras de vital importancia no desenvolvemento económico tales como: Memoria sobre la pesca de la sardina en las costas de Galicia (1774), Descripción económica del Reino de Galicia (1804), Catálogo de voces y frases de la lengua gallega (1745-1755).