A Hoseima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 35°14′57″N 03°55′58″W / 35.24917°N 3.93278°W / 35.24917; -3.93278

A Hoseima (en árabe الحسيمة, 'Al-Hoseima' que significa 'lavanda', e en castelán Alhucemas) é una cidade e provincia de Marrocos. Está situada na costa marroquí mediterránea, na parte oriental da baía da Hoseima e xunto ao peñón de Alhucemas. Atópase, en liña recta, a uns 155 quilómetros ao leste de Ceuta e a 100 km ao oeste de Melilla.

Historia[editar | editar a fonte]

A actual A Hoseima tivo a súa orixe nun asentamento precario no século XVII, pero non é ata despois do desembarco da Hoseima levado a cabo polas tropas españolas durante a guerra do Rif (1926). Con todo, daquela chamóuselle Villa Sanjurjo, na honra do xeneral Sanjurjo, un dos protagonistas dese desembarco.

Durante a II República pasou a denominarse Villa Alhucemas, aínda que logo o réxime franquista restituíu novamente o nome de Villa Sanjurjo, que xa se mantivo durante o resto do protectorado español, ata o ano 1956 en que Marrocos accedeu á independencia. A partir desa data pasou a chamarse Al-Hoseima, en árabe, segundo a denominación marroquí.

Como legado da cultura española, quedan na vila numerosos edificios construídos durante a época do xeneral Sanjurjo. Así, atópase nesta cidade o Colexio Español Melchor de Jovellanos, dirixido polo Estado español. Este conta cunha arquitectura similar a edificios do sur de España e foi en orixe un cuartel militar.

Na actualidade é unha cidade de vacacións de verán, frecuentada polo turismo, na súa maioría do norte de Europa, debido ás súas fermosas praias, en especial Praia Quemado, e á beleza da súa contorna, entre a cordilleira do Rif e as augas do Mediterráneo. Conta con instalacións turísticas destacadas, como o Club Med, o complexo Chafarinas ou o hotel Mohamed V.

Con todo, a cidade atópase afastada do nivel de desenvolvemento do resto do Marrocos turístico, cunha importante falta de infraestruturas e de promoción. Á marxe das estradas que chegan á cidade, no verán establécese un servizo marítimo que comunica a cidade con Málaga, nun treito de aproximadamente unhas 11 horas.

A Hoseima e os seus arredores sufriron un importante sismo de 6,5 graos na escala Richter o 24 de febreiro de 2004, que causou graves danos materiais e provocou a morte de cando menos 560 persoas.

Demografía[editar | editar a fonte]

Malia que se estima en 60.000 habitantes a súa poboación, non se pode saber con exactitude, pois existe un alto índice de poboación que vive no campo. A división de poboación na rexión da Hoseima é a seguinte: A Hoseima 55.216, Imsuren 9.642, Bni Buaiach 13.128, Targuist 9.593, mais unha poboación rural que debe roldar os 297.000 habitantes (2005).

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Hoseima Modificar a ligazón no Wikidata