A Graña de Vilarente, Abadín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Graña.

Coordenadas: 43°17′N 07°28′W / 43.283°N 7.467°W / 43.283; -7.467

A Graña de Vilarente
Parroquia de A Granha de Vilarente do concello de Abadin.png
Situación da parroquia da Graña de Vilarente no concello de Abadín
Concello Abadín
Área 10,35 km²
Poboación (ano 2004) 267 hab.
Densidade 25,8 hab./km²
Entidades de poboación 13

Santa María Madalena da Graña de Vilarente é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Limita ao norte con Vilarente, ao sur con Muimenta e Roás (concello de Cospeito), ao leste con Vilarente e ao oeste con Moncelos e As Goás.

Pertence o arciprestado de Baroncelle e ten 13 entidades de poboación e 12 lugares, con 267 habitantes, sendo a densidade media de 25'8 hab/Km² no 2004.

Índice

[editar] Xeografía

As entidades son A Cabana (34), A Cabeceira ou A Carballeira (17), O Carboeiro (26), A Casavella (6), O Coído (17), Fraga de Vila (15), Penela (14), Porto da Moura (39), A Pumarega (9), Ruavella (28), Os Trinta (13), Vilar de Nuño (34) e Vista Alegre (15).

Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son As Augas, Os Carracedos, Chouselas, O Cotiño, A Croa, Os Currás, O Fondal, A Fonte do Trobo, A Fumeira, O Igrexario, Rego da Páxara e Tremoído.

[editar] Orografía

Destacan os cumios de Roza do Pleito (443 m.) e Marco do Forneiro (440 m.).

[editar] Patrimonio

  • O Pazo de Cernada é un edificio de propiedade privada, situado nun terreo chan. Planta do edificio en U, con dous pisos, de fábrica de cachotería de pedra rebocada e cantería nos reforzos dos ocos, con cuberta de lousa. A fachada principal ten un soportal de entrada formado por un pórtico de pedra sobre o que se encontra o escudo. Na fachada posterior destacan as grandes chemineas e unha galería acristalada de madeira. Vanos con tornachoivas. Antiga propiedade da familia dos Noguerol e os Barxa. Na parte posterior ten unha horta con frutais, pozo, cabazo de planta cadrangular de tipo asturiano, alpendres etc... Toda a leira encóntrase amurallada coa bonita porta de reixas na entrada. No camiño de acceso encóntrase un pombal de planta cadrangular, un cruceiro de granito e a capela propiedade do pazo, con imaxinería e altar de madeira nobre de gran valor artístico.

[editar] Persoeiros da Graña de Vilarente

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares da Graña de Vilarente

Lugares da parroquia da Graña de Vilarente no concello de Abadín (provincia de Lugo)

As Augas | A Cabana | A Cabeceira | A Carballeira | O Carboeiro | Os Carracedos | A Casavella | Chouselas | O Coído | O Cotiño | A Croa | Os Currás | O Fondal | A Fonte do Trobo | Fraga de Vila | A Fumeira | O Igrexario | Penela | Porto da Moura | A Pumarega | Rego da Páxara | Ruavella | Tremoído | Os Trinta | Vilar de Nuño | Vista Alegre

[editar] Parroquias de Abadín

As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bertomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madalena) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madalena) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santa María) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas