A Franqueira, A Cañiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Franqueira
Mosteiro de Santa María da Franqueira - A Cañiza - Pontevedra.jpg
Igrexa parroquial
Concello A Cañiza
Área - km²
Poboación (Ano 2004) 301 hab.
Densidade - hab./km²
Entidades de poboación 7

Santa María da Franqueira é unha parroquia que se localiza no oeste do concello da Cañiza. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 301 habitantes (159 mulleres e 142 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 319 habitantes. Está composta por tres aldeas (A Franqueira, Parada e Cebreiro).

Índice

[editar] Patrimonio

A súa igrexa parroquial data do século XII, e é o edificio máis alto da parroquia.

[editar] Festas

A parroquia da Franqueira tamén e coñecida polas súas romarías. Celébranse dúas importantes cada ano. Unha é a das pascuillas, que se celebra o luns seguinte ó domingo de Pentecoste, na que acoden representacións de varias parroquias en procesión con cadansúa imaxe da Virxe. Cando chegan á Franqueira proceden a un ritual, que é o saúdo á Virxe da Franqueira, o cal o realizan tódalas imaxes da Virxe que van ese día á Franqueira.

A outra romaría celebrase os días 7, 8, 9 e o domingo seguinte do mes de setembro, que coincide co nacemento da Virxe María: nese día chega moita xente á Franqueira polo vieiro da Franqueira. Nesta romaría celébrase unha procesión ó acabar a celebración da eucaristía que vai acompañada por un grupo de 8 danzantes (4 homes e 4 mulleres) que realizan as catro danzas (a dos paus, a dos arcos, a das cintas) e despois ten lugar a representación da loita entre os mouros e os cristiáns.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares da Franqueira

Lugares da parroquia da Franqueira no concello da Cañiza (Pontevedra)

Cebreiro | O Cocho | O Cotiño | A Franqueira | A Igrexa | Parada | Sendín

[editar] Parroquias da Cañiza

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Cañiza

As Achas (San Sebastián) | A Cañiza (Santa Teresa) | O Couto (San Bartolomeu) | A Franqueira (Santa María) | Luneda (Santa María) | Oroso (Santa María) | Parada das Achas (Santiago) | Petán (San Xián) | Valeixe (Santa Cristina)


[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas