A Ferida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Ferida, 2003.

A Ferida é unha escultura situada no concello coruñés de Muxía fronte ao océano Atlántico, nun outeiro ao carón do santuario da Virxe da Barca. O seu autor é o artista burgalés Alberto Bañuelos-Fournier. A obra foi donada por Seguros Aegon ao concello muxián como homenaxe aos voluntarios que acudiron a axudar ao pobo galego cando se produciu o do desastre do Prestige o 13 de novembro de 2002.

Cos seus máis de once metros de altura e 400 toneladas de peso, estas dúas estruturas de granito do Porriño constitúen a escultura máis grande de Galicia e de España.

Inaugurouse o 12 de setembro de 2003.

[editar] Galería de imaxes da escultura A Ferida

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da escultura A Ferida
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas