A Fórnea, Trabada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Fórnea
ConcelloTrabada[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°28′32″N 7°12′53″O / 43.4755, -7.2148Coordenadas: 43°28′32″N 7°12′53″O / 43.4755, -7.2148
Poboación82 hab. (2020)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]
 Marco da Pena Verde
Marco da Pena Verde.

Santo Estevo da Fórnea (á espera da oficialización de Santo Estevo de Fórnea[2]) é unha parroquia do concello de Trabada na comarca da Mariña Oriental, na provincia de Lugo. Segundo o IGE[3], en 2020 tiña 82 habitantes (40 homes e 42 mulleres), 23 menos ca en 2007.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo A Fórnea (á espera da oficialización da forma Fórnea) procede do termo en latín Fŭrnĕus, derivado á súa vez de Fŭrnus (forno) ou de *fornea, "cavidade con forma de forno", polo que podería ter a súa orixe ou ben na existencia dun forno no lugar ou ben na existencia dun terreo con esa forma, como unha cova.[4]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Na parroquia establécense a cabeceira do río Grande (regos da Fórnea e de Cambite), e o monte de Pena Mouras (548 m).[5]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No seu extremo leste está o menhir do Marco da Pena Verde, citado no diploma do rei Silo como confluencia de camiños. Con altura de 2 m e 1 m de largo, consiste nunha pedra de seixo branco sen puír.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Fórnea[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Fórnea no concello de Trabada (Lugo)

A Fórnea

Parroquias de Trabada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Trabada

A Fórnea (Santo Estevo) | A Ría de Abres (Santiago) | Sante (San Xiao) | Trabada (Santa María) | A Valboa (Santa María Madanela) | Vidal (San Mateo) | Vilaformán (San Xoán) | Vilapena (Santiago)


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. "pdf visualización do ficheiro Toponimia Trabada". publicacions.academia.gal. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2021. Consultado o 2021-07-22. 
  3. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  4. Marqués Valea, Xulia (2018). Toponimia de Trabada. A Coruña: Real Academia Galega. p. 63-64. ISBN 978-84-947823-3-6. 
  5. "VisorSigPac". sigpac.mapa.es. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2010. Consultado o 2017-03-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]