Fillos de Breogán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "A Coruña Fillos de Breogán")
Fillos de Breogán
Nome completo A Coruña Fillos de Breogán
Alcume(s) Fillos
Fundación 2010
Localización A Coruña, Galicia Galicia
Estadio(s) Cidade Deportiva da Torre de Hércules
Capacidade 1.500
Presidente Wenceslao García Zapata
Adestrador Carlos Seco González
Capitán Pedro Alberte Aguado García
Máx. Anotador Óscar Rodríguez Pérez
Máis ensaios {{{maisensaios}}}
Liga Liga Ibérica

Liga Galega de Fútbol Gaélico

Tempada 2013
Posición
Páxina web oficial
Na súa casa


Fóra


A Coruña Gaelic Athletic Association ou A Coruña GAA, máis coñecido como Fillos de Breogán é un equipo de fútbol gaélico da cidade da Coruña. Fundado en 2010 por iniciativa de Wenceslao García (Wences), os Fillos de Breogán é o primeiro equipo de fútbol gaélico de Galiza e compite no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico e na Liga Galega de Fútbol Gaélico. Xoga os seus encontros no campo da Torre da cidade herculina.

Nome[editar | editar a fonte]

Malia que o nome oficial a efectos de rexistro na Asociación Atlética Gaélica (GAA) é A Coruña Gaelic Athletic Association ou A Coruña GAA abreviado, o equipo é máis coñecido polo alcume Fillos de Breogán, nome que saíu dunha votación realizada na páxina web do equipo realizada durante o mes de xullo do 2010 e na que foi elixido co 24,63% dos votos (un total de 33 votos). Outras propostas para o nome do equipo foron:


Nome Nº de votos Votos (%)
Fillos de Breogán 33 24,63
Galaicos 30 22,39
Cascarilleiros 25 18,66
Ártabros 21 15,67
A Compaña 11 8,21
Irmandade Galaica 9 6,72
Breogán 5 3,73

O nome de Fillos de Breogán ten moita relación con Galiza, Irlanda e a cidade da Coruña (onde se pensa estaba situada a torre dende a cal Ith divisou as costas irlandesas segundo o Leabhar Ghabhála Érenn ou Libro das conquistas de Irlanda en galego), E é unha denominación que ten moito que ver coa Coruña, con Galicia e con Irlanda.

Escudo e cores[editar | editar a fonte]

O escudo ten fondo branco e sobre el unha franxa diagonal de cor azul que representa ás bandeiras da provincia marítima da Coruña e á bandeira de Galicia, sobre ela, un cranio e dúas tibias que representan a Xerión, o xigante que matou Hércules (segundo conta a mitoloxía grega) e que soterrou debaixo de onde logo se erguería a Torre de Hércules na Coruña. As dúas tibias e o cranio tamén representan ao fillo de Breogán Ith morto que, coa posterior vinganza do neto de Breogán e sobriño de Ith Mil, permitiu a ligazón lendaria entre Irlanda e Galiza. Finalmente, baixo o cranio e as dúas tibias encóntrase un balón de fútbol gaélico.

As cores do equipo son o azul, o branco e o negro. O azul e o branco representan ás bandeiras de Galiza e da provincia marítima da Coruña. O negro, como elemento diferenciador e pola relación coa morte de Xerión e Ith. A equipación do equipo consta de pantalón azul e camiseta a raias horizontais azuis e brancas.

Fillas de Breogán[editar | editar a fonte]

É o nome co que se coñece ao equipo feminino de fútbol gaélico do Fillos de Breogán. No seu comenzo non podían competir no campionato ibérico feminino pola falta de xogadoras nas suas filas. No ano 2012 incrementáronse o número de xogadoras e comezaron a disputa-los seus primeiros torneos acadando o terceiro posto na no Torneo da Coruña da Liga Ibérica de Fútbol Gaélico feminina.

Na Liga Ibérica[editar | editar a fonte]

En 2011 disputou por vez primeira a Liga Ibérica de fútbol gaélico, na 7ª edición desta competición nacional amateur, acadando só 1 vitoria en 17 encontros.[1] O club e a cidade da Coruña foron anfitrións na tempada 2012 dun torneo correspondente ó campionato nacional de liga por vez primeira chegando a disputar a final logo de derrotar ó vencedor final da liga, Madrid Harps, e resultando subcampións do Torneo da Coruña e terceiros na Liga Ibérica. [2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligaóns externas[editar | editar a fonte]