A Caeira, San Salvador de Poio, Poio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Caeira
Capelacaeira.jpg
capela de San Antoniño.
Parroquia San Salvador de Poio
Concello Poio
Poboación 1.200 hab. (ano )
monumento no lugar onde se fusilou a Alexandre Bóveda.

A Caeira é un lugar da parroquia de San Salvador de Poio, no concello de Poio. Conta cunha poboación dunhas 1.200 persoas.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Hai constancia de restos de petróglifos no monte da idade de bronce (1800 - 600 a. C.), denominados Laxe das Lebres e Laia dos Cervos. Non se teñen maiores datos ata o século XIX, cando parte deste lugar se converteu na leira da familia Riestra, onde os Marqueses de Riestra construíron un pazo. Este lugar, propiedade de José Riestra López, que en 1893 se converteu no Marqués de Riestra, albergaba tertulias políticas de altura, e foi escenario de decisións de transcendencia na política estatal. Tamén serviu, en plena Guerra de Cuba, en 1898, de improvisado hospital. Deste pazo queda na actualidade unha pequena capela, consagrada a San Antoniño.

Á beira deste monte fusilouse en 1936 a Alexandre Bóveda e en 1937 a Johan Carballeira.

Desde os anos 60 viviu unha gran expansión demográfica, coa construción de vivendas unifamiliares e de edificios grandes.

Hoxe en día alberga instalacións como o Liceo Casino, o colexio privado SEK e o club de tenis, así como a Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra.

As súas rúas teñen nomes de ríos galegos na zona baixa do monte (Oitavén, Lérez, Umia...), e de illas na zona alta (Tambo, Toxa, Ons...), agás unha adicada a San Antoniño, tres adicadas a persoeiros (José Pernas Peña, Mato Calderón e praza de Riestra), e a avenida de Campañó.

Petróglifos da Caeira[editar | editar a fonte]

Localizáronse ata 16 grupos de petróglifos nos montes da Caeira, se ben crese que desapareceran máis baixo as urbanizacións e as rúas alí construídas. Destacan sobre as demais a Laxe das Lebres e a Pedra Grande. A primeira presenta 42 cervos de distintos tamaños e en diversas actitudes, ademais de cazoletas e outras figuras. A segunda mostra numerosos círculos, labirintos e cazoletas, pero ningún cérvido.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Salvador de Poio[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Salvador de Poio no concello pontevedrés de Poio

Anafáns | Andurique | A Barca | A Caeira | Encoirados | A Lagoa | As Laxes | Lourido | O Mato | Oliveira | Poio de Arriba | A Porteliña | Portosanto | Sineiro | A Valiña | O Vao | Viñas

Parroquias de Poio[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Poio

Combarro (San Roque) | Poio (San Salvador) | Poio (San Xoán) | Raxó (San Gregorio) | Samieira (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • GARCÍA ALÉN, Alfredo e PEÑA SANTOS, Antonio de la: Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra. Fundación "Pedro Barrié de la Maza", A Coruña 1981.