Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"A Beautiful Lie" é o cuarto sinxelo da banda 30 Seconds to Mars do álbum "A Beautiful Lie". O final do vídeo de "From Yesterday", o seu terceiro sinxelo, é tocada a primeira parte de "A Beatiful Lie", dando a coñecer que este sería o seu próximo sinxelo. O 2 de maio de 2007, anunciouse na páxina oficial de 30 Seconds to Mars. A banda non podía decidir se o seu próximo sinxelo sería "A Beautiful Lie" ou "The Fantasy". Ambas as cancións "contiñan mensaxes que desexabamos dar a coñecer". Nunha entrevista durante a súa xira europea, o vocalista da banda, Jared Leto, dixo que o vídeo para "A Beautiful Lie" estaría rematado para xuño ou a máis tardar xullo.
De acordo a EMI Xapón, o vídeo para "A Beautiful Lie" ía ser filmado tanto en Alaska, como no Polo Norte. Porén, Jared Leto decidiu cambiar o sitio a Grenlandia e a banda comezou a gravar o 29 de agosto. No sitio de Yahoo! Music saíu a data de lanzamento deste vídeo, cambiando do 12 de novembro ó 5 de decembro de 2007.
Jared Leto ademais dixo nunha entrevista por teléfono con 99X en Atlanta que o vídeo sería como un filme e un documental. En Yahoo! Music Premieres foi anunciado que o vídeo non ía ser lanzado ata 2008, o 16 de xaneiro concretamente. O 29 de xaneiro apareceu na páxina MySpace, pero EMI Records reclamou o Copyright do vídeo e a páxina eliminouno, ó igual que ocorreu con YouTube. Ó parecer, o vídeo filtrouse pola rede, o mesmo que sucedeu co CD "A Beautiful Lie". O vídeo trata, máis que nada, de crear unha conciencia sobre os efectos que produce o home polo sobre uso dos recursos que ten ó seu alcance, ou sexa, sobre o Quentamento Global. Ademais, creouse unha web para apoiar esta causa: ABeautifulLie.org
Lista de Temas [editar]
| # |
Título |
Duración |
| 1. |
"A Beautiful Lie" (Single Shot) |
4:05 |
| 2. |
"A Beautiful Lie" (Half Caf) |
3:50 |
Posición nas Listas [editar]
| Ano |
Lista |
Máxima Posición |
| 2007 |
U.S. Billboard Modern Rock Chart |
#37 |
| 2008 |
MTV - Hit List Portugal |
#2 |
| 2008 |
Portugal Singles Chart |
#23 |
| 2008 |
Alemaña Singles Chart |
#92 |
| 2008 |
Los 10+ Pedidos Arxentina |
#1 |
| 2008 |
Los 10+ Pedidos México |
1(X3) |
| 2008 |
MTV Top 10 Brasil |
#1 |
| 2008 |
Los 10+ Pedidos Centro |
#9 |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|
|
|
|
|
| Álbums de estudio |
|
|
| EPs |
|
|
| Sinxelos |
|
|
| Cancións |
|
|