A Barciela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Barciela (homónimos).
A Barciela
Sigueiro Oroso Galiza 1.jpg
Casa do concello de Oroso, en Sigüeiro
Concello: Santiago de Compostela e Oroso
Área: 5,55 km²
Poboación: (Ano 2009) 374 hab.
Densidade: 67.38 hab./km²
Entidades de poboación: 11

Santo André da Barciela é unha parroquia dividida en dous concellos: Oroso e Santiago de Compostela. O río Tambre serve de límite natural para a división administrativa, mais o medre urbanístico da vila na zona orosán detense na marxe compostelán da parroquia.

Índice

[editar] Historia da parroquia

Resulta imposible data-la creación da parroquia ou a construción do primeiro templo. Só podemos establecer que a igrexa actual e maila casa reitoral datan de 1917. Concretamente o templo foi consagrado o 30 de xullo de 1917, nunha celebración presidida polo Bispo Auxiliar da diocese Ramiro Fernández Balbuena, sendo párroco Severino Ramos. Desgraciadamente a documentación que se conserva remóntase a 1871, por mor dun incendio que devorou a reitoral sita daquela no lugar da Barciela.

A partir dos libros conservados podemos facer un listado dos sacerdotes que serviron ou serven á parroquia.

  • Juan Otero Martínez
  • Ramiro Fernández Rodríguez
  • Severino Ramos Sánchez
  • Ramón García Noche
  • Jesús Balo Rodríguez
  • Juan Calvo Tojo
  • Manuel Ángel Blanco Vázquez

Existiron tres confrarías entre finais do século XIX e comezos do XX. Así na documentación antiga consta a Confraría do Santo Rosario (entre 1871 e 1929, aproximadamente), a finalidade da cal era fomenta-lo rezo desa oración entre os fieis. Tamén había una Confraría adicada a honrar San Blas, de gran devoción na nosa freguesía. Nos libros vellos aparece unha listaxe de membros activos e vocais, con referencia explícita ós cargos directivos de presidente, secretario, mordomo, depositario e recadador. Pero as Confrarías das que temos máis información son as da Doutrina cristiá e maila do Sagrado Corazón, os datos principais da cales aparecen detallados nas ligazóns antes mencionadas. Un pouco máis tarde, a finais dos anos 40 do século XX, aínda aparecería a asociación Fillas de María.

Unha das devocións máis populares na parroquia, a Santa Eufemia, virxe e mártir, aparece documentada nun libro antigo que detalla funcionistas e celebracións entre 1917 e 1934. A función de Santa Eufemia, segundo ese libro, foi inaugurada o 16 de setembro de 1917. A Reliquia, xunto coa de San Ramón Neonato, foi regalo do padre Lorenzo, superior dos Trinitarios de España; o relicario foi regalo de Manuel Batanero Flórez; a imaxe e mailo andar foron construídas nos obradoiros do Sr. Rivar de Santiago, costeados os gastos por Josefa Varela Sánchez, natural desta parroquia e veciña da cidade de Santiago e o seu home Prudencio Fernández Léis.

Na actualidade existe unha nova confraría constituída no ano 2008 na advocación da Virxe das Dores e o Cristo Nazareno que realiza as actividades da Semana Santa.

[editar] División da parroquia

En 1995 comezaron as reivindicacións dos veciños para integrar toda a parroquia da Barciela no concello de Oroso, o que non conseguen integramente, xa que en febreiro de 2005 o consello da Xunta de Galicia acordou a integración dos lugares de Sigüeiro e A Foca en Oroso, mentres o resto da parroquia permanece no concello de Santiago de Compostela[1]. Logrouse así xuridicamente a constitución dun único núcleo urbano formado polos dous Sigüeiros, o de Oroso e o que antes pertencía a Santiago.

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares da Barciela

Lugares da parroquia da Barciela no concello de Santiago de Compostela

O Alto | A Barciela | Benavente | A Caluba | A Fonte do Torno | A Igrexa | A Polveira | O Valado | O Vintecatro

Lugares da parroquia da Barciela no concello de Oroso (A Coruña)

A Foca | Sigüeiro

[editar] Parroquias de Santiago de Compostela

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santiago de Compostela

Aríns (San Martiño) | Bando (Santa Eulalia) | A Barciela (Santo André) | Busto (San Pedro) | O Carballal (San Xulián) | O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima) | Cesar (Santa María) | Conxo (Santa María) | O Eixo (San Cristovo) | A Enfesta (San Cristovo) | Fecha (San Xoán) | Figueiras (Santa María) | Grixoa (Santa María) | Laraño (San Martiño) | Marantes (San Vicente) | Marrozos (Santa María) | Nemenzo (Santa Cristina) | A Peregrina (Santa María) | Sabugueira (San Paio) | San Caetano (Santiago) | San Lázaro (Santiago) | San Paio (Santiago) | Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina) | Santiago de Compostela | Sar (Santa María) | Verdía (Santa Mariña) | Vidán (Divino Salvador) | Villestro (Santa María) | Vista Alegre (San Xoán)

[editar] Parroquias de Oroso

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Oroso

Os Ánxeles (San Mamede) | A Barciela (Santo André) | Calvente (San Xoán) | Cardama (Santa María) | Deixebre (Santa María) | A Gándara (San Miguel) | Marzoa (San Martiño) | Oroso (San Martiño) | Pasarelos (San Román) | Senra (Santa Eulalia) | Trasmonte (Santo Estevo) | Vilarromarís (San Tomé)


[editar] Notas

  1. Decreto 25/2005, do 3 de febreiro, polo que se resolve o expediente de segregación-agregación entre os termos municipais de Santiago de Compostela-Oroso http://www.xunta.es/Dog/Dog2005.nsf/FichaContenido/5F16?OpenDocument

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas