A BEST
| A BEST | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Recompilatorio de Ayumi Hamasaki | |||||
| Data de edición: | |||||
| Lanzamento: | 28 de marzo, 2001 | ||||
| Datas de gravación: | 1998 - 2000 | ||||
| Duración: | 76 min 01 s | ||||
| Estudio(s) de gravación: | {{{estudio}}} | ||||
| Xénero musical: | J-Pop | ||||
| Selo discográfico: | avex trax | ||||
| Producido por: | Max Matsuura | ||||
| Cronoloxía | |||||
|
|||||
A BEST é a primeira compilación de grandes éxitos da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado orixinalmente o 28 de marzo do ano 2001 baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura.
Índice |
[editar] Información
A promoción para a primeira compilación de éxitos de Ayumi Hamasaki (tras só 4 anos dende o seu debut) foi explosiva, e algúns medios especularon que avex trax gastou millóns de yens en aparicións en televisión, revistas, comerciais e demais. O álbum consta de 6 portadas distintas, presente nunha caixa de cartón, en xeral para tódalas copias.
Os comerciais para o álbum fóronse facendo cada vez máis explosivos, comezando cinco días antes do lanzamento, e cada día o comercial ía cambiando, mentres que o esperado día chegaba. Os comerciais están rexistrados dentro das compilacións de Hamasaki "A clips vol. 2", así como na compilación de tres DVDs con case todo o material visual da artista "COMPLETE CLIP BOX".
As tres primeiras cancións, imaxes do comezo da súa carreira, foron regravadas pola artista. A voz comparada coas versións orixinais é moi distinta, principalmente en que o ton de voz de Ayumi fíxose máis groso co tempo. Outras cancións tamén foron arranxadas nas súas melodías, pero os rexistros de voz son os mesmos das versións orixinais, sen embargo estas versións rearranxadas non están marcadas como tales no álbum (as cancións son "Boys & Girls" e "Seasons")
[editar] Controversia
Ayumi pensaba retirarse do mundo da música se o lanzamento deste álbum convertíase un fracaso, aparte de que non quería lanzar esta compilación xa que consideraba que estaba comenzando a súa carreira, e o lanzamento dun CD de grandes éxitos era para artistas xa consolidados. Por esa razón é pola que se ve a Ayumi Hamasaki chorando na portada do álbum, e por qué tamén o símbolo principal é unha lágrima. Pero despois do éxito masivo do álbum, que logrou vender máis de catro millóns de copias (ata o momento o álbum con mellores ventas da cantante) decidiu seguir coa súa carreira, así como tamén asumiu que era un dos soportes principais do seu selo.
O álbum lanzouse o mesmo día que o segundo álbum de estudio da coñecida rival de Ayumi, Hikaru Utada, o que causou gran expectación sobre quen sería a gañadora do primeiro lugar. O álbum finalmente quedou no segundo lugar trala competición con Utada dentro da primeira semana nas listas semanais, e na seguinte Hamasaki fíxose co primeiro lugar.
[editar] Lista de Temas
[editar] Versión Xaponesa
| # | Título |
|---|---|
| 1. | "A Song for XX" ~new vocal and mix~ |
| 2. | "Trust" ~new vocal and mix~ |
| 3. | "Depend on You" ~new vocal & mix~ |
| 4. | "Love ~Destiny~" |
| 5. | "To Be" |
| 6. | "Boys & Girls" |
| 7. | "Trauma" |
| 8. | "End roll"~new vocal and mix~ |
| 9. | "Appears" |
| 10. | "Fly High" |
| 11. | "Vogue" |
| 12. | "Far Away" |
| 13. | "Seasons" |
| 14. | "Surreal" |
| 15. | "M" |
| 16. | "Who..." |
[editar] Versión Internacional
Lanzada posteriormente en Singapur, Filipinas e Corea. As cancións son todas as versións orixinais.
| # | Título |
|---|---|
| 1. | "A Song for XX" |
| 2. | "Trust" |
| 3. | "Depend on You" |
| 4. | "Love ~Destiny~" |
| 5. | "To Be" |
| 6. | "Boys & Girls" |
| 7. | "Trauma" |
| 8. | "End roll" |
| 9. | "Appears" |
| 10. | "Fly High" |
| 11. | "Vogue" |
| 12. | "Far Away" |
| 13. | "Seasons" |
| 14. | "Surreal" |
| 15. | "M" |
| 16. | "Who..." |
[editar] Posición nas Listas
| Lanzamento | Lista | Máxima Posición | Ventas Primeira Semana | Ventas Totais | Semanas |
|---|---|---|---|---|---|
| 28 de marzo, 2001 | Oricon Daily Singles Chart | #2 | |||
| 28 de marzo, 2001 | Oricon Weekly Singles Chart | #2 | 2,870,000 | 4,295,353 | 52 |
| 28 de marzo, 2001 | Oricon Yearly Albums Chart | #2 |
[editar] Singles Incluídos
| Lanzamento | Titulo | Máxima Posición | Semanas | Ventas Totais |
|---|---|---|---|---|
| 5 de agosto, 1998 | "Trust" | #9 | 10 | 181,820 |
| 9 de decembro, 1998 | "Depend on you" | #6 | 8 | 131,460 |
| 14 de abril, 1999 | "Love ~Destiny~" | #1 | 26 | 650,790 |
| 12 de maio, 1999 | "To Be" | #4 | 15 | 571,110 |
| 17 de xullo, 1999 | "Boys & Girls" | #1 | 16 | 1,037,950 |
| 11 de agosto, 1999 | "A" | #1 | 17 | 1,670,000 |
| 10 de novembro, 1999 | "appears" | #2 | 3 | 290,550 |
| 9 de febreiro, 2000 | "Fly High" | #3 | 4 | 299,540 |
| 26 de abril, 2000 | "Vogue" | #3 | 17 | 767,660 |
| 17 de maio, 2000 | "Far away" | #2 | 13 | 510,460 |
| 7 de xuño, 2000 | "Seasons" | #1 | 20 | 1,367,400 |
| 27 de setembro, 2000 | "Surreal" | #1 | 10 | 417,210 |
| 13 de decembro, 2000 | "M" | #1 | 17 | 1,319,070 |
Ventas acumuladas dos singles: 9,215,020