A Alence, As Nogais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Alence
Igrexa parroquial
ConcelloAs Nogais[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°45′16″N 7°09′25″O / 42.754444444444, -7.1569444444444Coordenadas: 42°45′16″N 7°09′25″O / 42.754444444444, -7.1569444444444
Poboación41 hab. (2020)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Lucía da Alence é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Tiña 52 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística,[2] 26 homes e 26 mulleres. O que supón unha diminución de 10 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 62 habitantes (33 homes e 29 mulleres) e 14 menos que en 2006.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1889 o alcalde nogalego Manuel Núñez Saavedra solicitou ó bispo de Lugo a creación da parroquia da Alence, cuxos lugares se segregarían da de Torés. Deste xeito a nova parroquia constituíuse finalmente en 1891.[3][4]

En 1966, co decreto de 20 de xaneiro, o lugar de Meizarán deixou de pertencer á Alence e pasou a formar parte de Lamas do Biduedo, no concello de Triacastela.[5][6]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Alence[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Alence no concello das Nogais (Lugo)

A Alence | As Cruces | O Pando | Vilarín

Parroquias das Nogais[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias das Nogais

A Alence (Santa Lucía) | Doncos (Santiago) | Noceda (San Xoán) | As Nogais (Santa María Madanela) | Nullán (San Cosmede) | Quintá (San Pedro) | Santo André (Santo André) | Torés (San Xoán) | Vilaicente (San Xoán)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]