ATHLETE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prototipo a metade de escala de ATHLETE, co investigador xefe Brian Wilcox en primeiro plano.

ATHLETE (acrónimo de All-Terrain Hex-Legged Extra-Terrestrial Explorer, significando "explorador extraterrestre todoterreo de seis patas") é un modelo de probas para desenvolver un róver robótico lunar de seis patas. Foi construído polo Jet Propulsion Laboratory.[1]

O sistema está sendo desenvolvido cos centros Ames e Johnson da NASA en colaboración coa Universidade de Stanford e Boeing.[2]

ATHLETE está deseñado para ser capaz de rodar e camiñar sobre diferentes tipos de terreo.[1]

Sistemas[editar | editar a fonte]

O róver ATHLETE nunha instalación de probas no JPL.

O proxecto está dirixido a desenvolver un sistema multipropósito capaz de acoplarse con dispositivos de propósito especial, incluídas estacións de repostaxe, complementos para escavación e outros. As patas teñen seis graos de liberdade[1] para unha manipulación xeral. Cada ATHLETE pode levar 450 kg de carga útil[1], sendo capaces de acoplarse entre si para levar cargas máis pesadas.

Os ATHLETE son moito máis grandes que anteriores sistemas robóticos, cun diámetro duns catro metros e un alcance duns seis metros. A pesar do seu tamaño, teñen a capacidade de ser compactados e acoplados para ser almacenados e lanzados anularmente, o que significa que se poden dispoñer de maneira eficiente arredor dunha carga útil maior nun único aterrador.[1]

As patas son máis capaces que outros sistemas robóticos, podendo superar pendentes de 35 graos en superficie sólida ou de 25 graos en pendentes en terreo suave, como depósitos de po ou area. Existen plans para mellorar a capacidade do sistema en terreo accidentado e para aumentar a velocidade de ATHLETE ata os 10 km/h, 100 veces máis rápido que os rovers marcianos Opportunity e Spirit.[1]

Melloras futuras[editar | editar a fonte]

Para o futuro planéase que ATHLETE poida superar obstáculos difíciles mediante un gancho lanzable e recollible para superar obstáculos verticais. Tamén se pensa melloralo para que entenda ordes faladas e xestuais impartidas por astronautas próximos ó robot, a capacidade para autodespregarse do seu almacenamento e a habilidade de navegación autónoma.[1]

Obxectivos[editar | editar a fonte]

O JPL ten o obxectivo de que os ATHLETE teñan 10 anos de vida útil. A súa misión sería servir de apoio nas operacións de exploración lunar.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "The ATHLETE Rover" (en inglés). JPL. http://www-robotics.jpl.nasa.gov/systems/system.cfm?System=11. Consultado o 19 de xullo de 2011.
  2. "The ATHLETE Rover" (en inglés). NASA. 23 de marzo de 2008. http://www.nasa.gov/multimedia/imagegallery/image_feature_748.html. Consultado o 19 de xullo de 2011.
  3. "Giant robots could carry lunar bases on their backs" (en inglés). NewScientist. 4 de abril de 2008. http://space.newscientist.com/article/dn13590l. Consultado o 19 de xullo de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: ATHLETE