AS Trikala 2000 BC
| AS Trikala 2000 BC Α.Σ. Τρίκαλα 2000 |
|
| Liga | A1 Ethniki |
| Fundado en | 1999 |
| Historia | 1999-presente |
| Pavillón | Trikala Indoor Hall (2500 espectadores aproximadamente) |
| Cidade | Trikala, Grecia |
| Cores | Azul, Branco |
| Presidente | |
| Adestrador | |
| Títulos | 1 A2 Ethniki |
| Web | |
O Athlitikos Syllogos Trikala 2000 KAE ou simplemente AS Trikala 2000 BC (en grego Α.Σ. Τρίκαλα 2000), é un equio profesional de baloncesto grego da cidade de Trikala, Grecia. O Trikala compite na A1 Ethniki, a máxima categoría do baloncesto grego.
Historia [editar]
A Asociación Atlética de Trikala 2000 foi fundada o 13 de setembro de 1999 da fusión dos dous equipos locais de Trikala, o Danaos e o Sporting. Dende a súa creación, o club ascendeu rapidamente nas ligas gregas. No 2002, tres anos despois da súa fundación, o Trikala acadou o ascenso á liga B do baloncesto grego. En 2006, acadou un novo ascenso á A2 Ethniki. Dous anos despois completaron o seu percorrido ascensor ao gañar a A2 Ethniki na tempada 2007-08 e ascender á máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki. O club superou o récord de vitórias nunha tempada (acadou 24), ao bater o récord anterior, en posesión do Makedonikos BC.
A súa primeira tempada na máxima competición grega tivo un relativo éxito, ao acadar a permanencia nun último partido de liga dramático o 22 de abril de 2009.
Palmarés [editar]
- 1 A2 Ethniki: 2008