ASSET

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ASSET en exposición no museo da USAF en Dayton (Ohio).

ASSET (acrónimo de Aerothermodynamic Elastic Structural Systems Environmental Tests) foi un proxecto espacial experimental dos Estados Unidos para probar vehículos non tripulados de reentrada atmosférica subescalados.

Desenvolvemento e probas[editar | editar a fonte]

O deseño de ASSET iniciouse a principios dos anos 1960 e concibiuse para verificar o escudo térmico de aliaxe do X-20 Dyna-Soar antes de iniciar os voos tripulados. A forma de ASSET (bicónica, con ala en delta baixa) pretendía imitar a forma do morro do X-20, o sitio onde o quentamento aerodinámico sería máis intenso, de ata 2200 graos Celsius. Trala cancelación do programa do X-20 en decembro de 1963, os ASSET completados foron usados en investigacións estruturais e de quentamento en reentrada para recoller datos útiles para futuros vehículos, como o transbordador espacial.

Os ASSET foron construídos por McDonnell e lanzados en traxectorias suborbitais desde a rampla 17B de Cabo Canaveral a velocidades de ata 6000 m/s antes de amarar no Atlántico sur, cerca da illa de Ascensión. Os ASSET foron lanzados mediante foguetes Thor.

Dos seis vehículos construídos tan só conseguiuse recuperar un, que se atopa en exposición no museo da USAF en Dayton (Ohio).

Voos[editar | editar a fonte]

Misión Data de lanzamento Apoxeo Velocidade max. Resultado Disposición
ASSET 1 18 de setembro de 1963 62 km 4906 m/s Sobreviviu á reentrada. O equipo de flotación fallou, impedindo a recuperación. Afundido no Atlántico.
ASSET 2 24 de marzo de 1964 55 km Fallo da etapa superior do foguete lanzador. O sistema de autodestrución activouse tras a separación do vehículo. Misión infrutuosa. Destruído.
ASSET 3 22 de xullo de 1964 71 km 5500 m/s Sobreviviu á reentrada, cumpríndose tódolos obxectivos. Recuperado ás 12 horas do lanzamento. Preservado.
ASSET 4 28 de outubro de 1964 50 km 4000 m/s Sobreviviu á reentrada, cumpríndose tódolos obxectivos; non se planeou a recuperación. Afundido no Atlántico.
ASSET 5 9 de decembro de 1964 53 km 4000 m/s Sobreviviu á reentrada, cumpríndose tódolos obxectivos; non se planeou a recuperación. Afundido no Atlántico.
ASSET 6 23 de febreiro de 1965 70 km 6000 m/s Sobreviviu á reentrada. O equipo de flotación fallou, impedindo a recuperación. Afundido no Atlántico.

Especificacións[editar | editar a fonte]

Características xerais[editar | editar a fonte]

Rendemento[editar | editar a fonte]

  • Velocidade máxima: Mach 25
  • Alcance: 4335 km
  • Teito de servizo: 80,4 km
  • Proporción L/D hipersónica: 1:1

Notas[editar | editar a fonte]

  • Wade, Mark (2011). "ASSET" (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2011.