ASN1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

ASN.1 corresponde ás siglas de Notacion de Sintaxe Abstracta, version 1 (Abstract Syntax Notation 1, ASN.1) é un estándar, para a descrición de estruturas de representación, codificación e transmisión de datos, independentemente da máquina que se estea usando e as súas formas de representación internas. É un protocolo de nivel de presentación no modelo OSI. O protocolo SNMP usa o ASN.1 para representar os seus obxectos xestionables.

Índice

[editar] Características

[editar] Descrición da información

ASN.1 usa a notación de Backus-Naur (BNF) para describir a forma en que a información é almacenada.

[editar] Tipos de datos

Os tipos de datos clasifícanse segundo se son simples (primitivo), compostos (construído) ou unha mera etiqueta (definido).

[editar] Regras

ASN.1 define unha sintaxe para a definición de estruturas de datos, pero non restrinxe a unha única forma a súa codificacion en bits: hai varias regras de codificacion:

  • BER (regras básicas de codificación)
  • PER (regras de codificación empaquetada)
  • XER (codificación con XML)
  • DER
  • CER

[editar] Utilización

Unha definición en ASN1 pódese compilar, e xerar unha definición nunha linguaxe de programación tal como Ada, C++, Java, etc. Deste xeito pódese utilizar ASN1 para definir un intercambio de datos entre aplicacións que empregan distinta linguaxe de programación, sistema operativo, etc.

[editar] Historia

ASN.1 é un estándar ISO/ITU-T , orixinalmente definido en 1984 como parte do CCITT X.409 '84. ASN.1 trocouse no seu propio estándar, X.208, no 1988 debido á súa ampla aplicabilidade.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas