AM 0644-741

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AM 0644-741
Imaxe de AM 0644-741, vista a través do HST. Por cortesía da NASA/ESA.
Tipo e posición
Época= X.2000
Tipo Galaxia lenticular (S0-) + Ring[1]
Constelación de Volans
Ascensión recta 6h 43m 6.1s[1]
Declinación -74° 13′ 35″[1]
Características
Distancia 300 MAl
Corremento cara ó vermello 6.604 ± 26 km/s[1]
Tamaño angular 1′.7[1]
Magnitude aparente 13,96[1]
Outras designacións
ESO 034-IG 011, IRAS 06443-7411,SGC 064425-7411.1[1]

AM 0644-741 é unha galaxia lenticular non barrada, e é tamén unha galaxia anular, que está a 300 millóns de anos luz de distancia na constelación de Volans. O núcleo amarelado foi unha vez o centro dunha galaxia espiral normal, e o anel que rodea actualmente o centro ten uns 150.000 anos luz de diámetro. Tense teorizado con que o anel é o resultado dunha colisión con outra galaxia, o cal provocou unha interrupción gravitacional que causou que o po da galaxia se condensase e se formasen estrelas, o que obrigou a estas a expandirse cara a fóra, creando o anel. O anel é unha rexión de formación desenfreada de estrelas dominada por novas, masivas e quentes estrelas azuis. As rexións de rosa ó longo do anel son nubes difusas de hidróxeno brillante que é fluorescente, xa que é bombardeado cunha forte luz ultravioleta procedente das estrelas azuis. Modelos de simulación galáctica suxiren que o anel de AM 0644-741 seguirase expandindo durante preto doutros 300 millóns de anos, despois do cal comezará a desintegrarse.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Nasa/Ipac Extragalactic Database". Resultados para AM 0644-741. Consultado o 19-09-2014. 
  2. "The Lure of the Rings". News Release Number: STScI-2004-15. HubbleSite. April 22, 2004. Consultado o March 31, 2012.