AMOS 3
|
|
|
|---|---|
| Tipo | Satélite de comunicacións |
| Fabricante | Thales Alenia Space, Israel Aerospace Industries |
| Data de lanzamento | 28 de abril de 2008[1] |
| Foguete portador | Zenit |
| Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur |
| NSSDC ID | 2008-022A |
| Masa | 1300 kg[2] |
| Inclinación | 0 graos[1] |
| Apoapse | 35.798,4 km[1] |
| Periapse | 35.787,8 km[1] |
AMOS 3 (עמוס 3 en hebreo) é un satélite de comunicacións comercial israelí lanzado por un foguete Zenit o 28 de abril de 2008 desde o cosmódromo de Baikonur, en Casaquistán, a unha órbita xeoestacionaria. Foi o terceiro satélite de comunicacións israelí.
Índice |
Características [editar]
AMOS 3 é operado por Spacecom. Foi situado nunha posición a 4º de latitude oeste para reemplazar a AMOS 1 (vendido a Intelsat e coñecido agora como Intelsat 24). Leva quince transpondedores en banda Ku e o seu tempo estimado de vida é de 18 anos.
Foi lanzado por un foguete Zenit na súa configuración Zenit 3SLB, sendo o primeiro lanzamento desta configuración e o primeiro contratado á organización Land Launch.
Orixinalmente o satélite debería ter sido posto en órbita en 2007, retrasándose para marzo de 2008, e sendo posposto ata o 24 de abril de 2008. O lanzamento do 24 de abril foi abortado por razóns técnicas.[3] A causa foron problemas co sistema de erección e transporte do foguete, que fallou en retirarse e apartarse do foguete para o seu lanzamento.
Notas [editar]
- Wade, Mark (2011). "AMOS" (en inglés). Encyclopedia Astronautica. http://astronautix.com/craft/amos.htm. Consultado o 24 de xuño de 2011.
- Krebs, Gunter (14 de marzo de 2011). "Amos 3 (Amos 60)" (en inglés). http://space.skyrocket.de/doc_sdat/amos-3.htm. Consultado o 26 de xuño de 2011.
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "AMOS 3" (en inglés). N2YO. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=32794. Consultado o 26 de xuño de 2011.
- ↑ "Amos 3" (en inglés). NASA. 26 de abril de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2008-022A. Consultado o 26 de xuño de 2011.
- ↑ "Spaceflight Now | Tracking Station | Worldwide launch schedule" (en inglés). http://spaceflightnow.com/tracking/index.html. Consultado o 26 de xuño de 2011.