AMOS 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AMOS 1 / Intelsat 24
Tipo Satélite de comunicacións
Data de lanzamento 16 de maio de 1996[1]
Foguete portador Ariane 4
Sitio de lanzamento Kourou
NSSDC ID 1996-030B
Masa 471 kg[2]
Potencia 1150 vatios[2]
Baterías Níquel-Cadmio de 24 Ah
Inclinación 2,7 graos[1]
Apoapse 35.827,9 km[1]
Periapse 35.801,2 km[1]

AMOS 1 (עמוס 1 en hebreo) é un satélite de comunicacións israelí lanzado por un foguete Ariane 4 o 16 de maio de 1996 desde Kourou, na Guaiana francesa, a unha órbita xeoestacionaria. Foi o primeiro satélite de comunicacións israelí e foi vendido a Intelsat en 2009, pasando a denominarse Intelsat 24.

Características[editar | editar a fonte]

AMOS 1 / Intelsat 24 foi operado inicialmente por Spacecome posteriormente por Intelsat. Foi desenvolvido sobre a experiencia cos satélites de recoñecemento Ofeq conxuntamente con DASA e Alcatel Espace. Inicialmente usouse para servizos de televisión, para o cal leva nove transpondedores en banda Ku. O éxito de AMOS 1 impulsou a construción de AMOS 2.

AMOS 1 usou un motor de combustible líquido de 400 Newton para alcanzar a órbita xeoestacionaria tra-lo lanzamento por parte do Ariane 4. Ten catorce propulsores para o control de actitude, cada un cun empuxe de 10 Newtons. Inicialmente levaba 450 kg de propelente (monometil hidracina e MON 3).

A lonxitude do satélite, cos paneis solares despregados, é de 11,5 metros. Estabilízase nos tres eixos mediante sensores de Terra e de Sol e mediante volantes de inercia. Os paneis xeran 1150 vatios de potencia[2], con baterías de níquel-cadmio cunha capacidade de 24 Ah como respaldo.

Tra-lo lanzamento foi situado inicialmente nunha posición a 4º de latitude oeste. AMOS 1 e AMOS 2 foron colocados cerca un de outro para crear unha localización común, permitiendo ós usuarios dos satélites aumentar o acceso ós servizos sen antenas adicionais.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "INTELSAT 24 (AMOS 1)" (en inglés). N2YO. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=23865. Consultado o 24 de xuño de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "AMOS 1" (en inglés). NASA. 26 de abril de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/masterCatalog.do?sc=1996-030B. Consultado o 24 de xuñoo de 2011. 
  3. Krebs, Gunter. "Amos-1 -> Intelsat 24" (en inglés). Gunter's Space Page. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/amos-1.htm. Consultado o 24 de xuño de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]