ADN ribosómico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Disposición do ADNr eucariótico 18S, 5.8S e 28S en tándem.
O ADNr 5S codifícase separadamente.
NTS: espazador non transcribíbel,
ETS: espazador transcribíbel externo,
ITS: espazador transcribíbel interno.

O ADN ribosómico (ADNr)[1] é unha secuencia de ADN contida nos cromosomas que codifica ARN ribosómico (ARNr). Estas secuencias regulan a transcrición e iniciación da amplificación e conteñen segmentos espazadores transcribíbeis e non transcribíbeis. As unidades de transcrición do ARN ribosómico agrúpanse en tándem. Estas rexións de ADNr denomínanse tamén rexións de organización do nucléolo.

No xenoma humano existen cinco cromosomas con ADN ribosómico: os cromosomas 13, 14, 15, 21 e 22.

O nivel baixo de polimorfismo na unidade de transcrición do ADNr permite a caracterización de cada especie usando só uns poucos exemplares e fai que este ADN sexa útil para a comparación interespecífica.

Ademais, as repeticións das diferentes rexións de codificación do ADNr mostran distintas taxas de evolución. Como resultado diso, este ADN pode proporcionar información sobre case calquera nivel sistemático.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A sigla ADNr pode significar tamén ADN recombinante.
  2. Hillis, D. M. e Dixon, M. T. (1991): "Ribosomal DNA: molecular evolution and phylogenetic inference". Quart. Rev. Biol. 66: 411-453.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]