Active Cavity Radiometer Irradiance Monitor Satellite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "ACRIMSAT")
Active Cavity Radiometer Irradiance Monitor Satellite (ACRIMSAT)
ACRIMSat ohne Hintergrund.gif
ACRIMSAT
Tipo Observatorio solar
Fabricante
Organización NASA
Contratistas principais Orbital Sciences Corporation[1]
Data de lanzamento 21 de decembro de 1999[2][3][4][5]
Foguete portador Taurus[3][1]
Sitio de lanzamento Base Vandenberg da Forza Aérea[3]
Obxectivo da misión Medición da radiación solar.[3]
NSSDC ID 1999-070B
Masa 120 kg[1]
Dimensións 77,5 cm de ancho (178 cm cos paneis solares extendidos) e 66,0 cm de alto[6]
Potencia 80 vatios[6]
Semieixo maior 7069 km[2]
Inclinación 97,9 graos[2]
Apoapse 717,6 km[2]
Periapse 678,5 km[2]
Período orbital 98,6 minutos[2]

ACRIMSAT (acrónimo de Active Cavity Radiometer Irradiance Monitor Satellite) é un satélite artificial da NASA lanzado o 21 de decembro de 1999 mediante un foguete Taurus desde a base Vandenberg da Forza Aérea, en California, como carga secundaria xunto ó satélite Arirang-1.

Índice

[editar] Características

ACRIMSAT forma parte do Sistema de Observación Terrestre (Earth Observing System) da NASA e está adicado á medición da variación irradiancia solar total.[3][1] A estrutura principal ten forma octogonal, cun ancho de 77,5 cm e un alto de 66,0 cm. Cos paneis solares extendidos a envergadura do satélite chega aos 178 cm. A potencia proporcionada polos paneis é de 80 vatios.[6]

ACRIMSAT mideu o efecto do paso de Venus fronte o Sol o 8 de xuño de 2004 na irradiancia solar.[7]

[editar] Instrumentos

ACRIMSAT usa como instrumento de medida o ACRIM-3, que mide a irradiancia cunha precisión mellor que o 0,1%. Os datos recollidos por ACRIM-3 extenden a medición da irradiancia feita polos instrumentos ACRIM-2 (a bordo do satélite UARS) e ACRIM-1 (a bordo do satélite Solar Maximum Mission en 1980).[3]

[editar] Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gunter Dirk Krebs (2011) ACRIMSat (inglés). Gunter's Space Page. Consultado o 28 de xullo de 2011.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 N2YO (2011) ACRIMSAT (inglés). Real Time Satellite Tracking. Consultado o 28 de xullo de 2011.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 NASA (8 de xullo de 2011) Acrimsat (inglés). Consultado o 28 de xullo de 2011.
  4. (29 de marzo de 2000)"Note verbale dated 7 March 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE: 14.
  5. Mark Wade (2011) ACRIMSAT (inglés). Consultado o 3 de marzo de 2012.
  6. 6,0 6,1 6,2 "AcrimSat Launch" (PDF), NASA, decembro de 1999, páx. 21. Consultado o 2 de marzo de 2012. (en inglés)
  7. The Effect of the Transit of Venus on ACRIM's Total Solar Irradiance Measurements (inglés) (2005). Consultado o 29 de xullo de 2011.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas