ABRIXAS
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Tipo | Observatorio espacial |
| Fabricante | |
| Organización | Centro Aeroespacil Alemán (DLR, Deutsches Zentrum für Luft- und Raumfahrt e.V.) |
| Data de lanzamento | 28 de abril de 1999[1][2][3] |
| Foguete portador | Kosmos 3[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2][5] |
| Obxectivo da misión | Observacións astronómicas en raios X[2][4][5][3] |
| NSSDC ID | 1999-022A |
| Masa | 550 kg[2][5][4] |
| Semieixo maior | 6869,9 km[1] |
| Inclinación | 48,5 graos[1] |
| Apoapse | 511,1 km[1] |
| Periapse | 486,7 km[1] |
| Período orbital | 94,4 minutos[1] |
ABRIXAS (acrónimo de A Broadband Imaging X-ray All-sky Survey) foi un observatorio espacial alemán de raios X lanzado o 28 de abril de 1999 mediante un foguete Kosmos 3 desde o cosmódromo de Kapustin Yar. O observatorio deixou de funcionar pouco despois do lanzamento.[2][4][5]
[editar] Características
A misión de ABRIXAS era realizar observacións astronómicas en raios X na banda de enerxías entre 0,5 e 10 keV cunha resolución de 30 segundos de arco. A misión complementaría o estudio en raios X de entre 0,1 e 2 keV feito polo observatorio espacial ROSAT e tería durado 3 anos como mínimo, durante os que se esperaba descubrir 100.000 novas fontes de raios X.[2][4][5]
A batería da nave sobrecargouse accidentalmente tres días despois do lanzamento, deixándoa incomunicada e inutilizable. Fixéronse intentos de recuperar o contacto co satélite no momento en que os paneis solares quedaron iluminados polo Sol, pero non deron resultado. O proxecto, cun custo de 20 millóns de dólares, foi abandonado.[5][4]
[editar] Instrumentos
A carga científica foi desenvolvida por MPE/Garching e o Instituto de Astrofísica de Potsdam, e consistía nun detector CCD de 36 cm² (idéntico ó da cámara EPIC do XMM-Newton.[5]
[editar] Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011) ABRIXAS (inglés). Real Time Satellite Tracking. Consultado o 28 de febreiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (4 de novembro de 2011) 1999-022A (inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 (14 de setembro de 2001)"Note verbale dated 5 September 2001 from the Permanent Mission of Germany to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-87116 (E)): 7. Consultado o 28 de febreiro de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2011) Abrixas (inglés). Gunter's Space Page. Consultado o 28 de febreiro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mark Wade (2011) ABRIXAS (inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2012.