A2100

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A2100 é un tipo de satélite de comunicacións construído por Lockheed Martin Space Systems para telecomunicacións desde a órbita xeosincrónica.

Características[editar | editar a fonte]

Está deseñado para diferentes necesidades en canto a telecomunicación, incluíndo servizos en banda Ka e de banda larga, servizos en banda C e Ku, servizos de banda larga dirixidos e de alta potencia mediante banda Ku e servizos móbiles mediante UHF e as bandas L e S.[1]

O sistema A2100 foi desenvolvido polo equipo Skunk Works nas instalacións de Astro Space East Windsor, en Nova Jersey. Un grupo de deseñadores, incluíndo a Brian Stewart, John Close, Pete Wise e Keith Davies, desenvolveu un bus común flexible con significativamente menos compoñentes, un menor peso e un menor tempo de entrega ó cliente.

O primeiro satélite A2100, o AMC-1, foi lanzado o 8 de setembro de 1996. Dende entón lanzáronse uns 30 satélites baseados no bus A2100, sumando 200 anos de servizo en órbita.[2]

A serie A2100 é modular e pode ser configurado para diferentes tamaños:

  • A2100A = 1 a 4 kW
  • A2100AX = 4 a x kW
  • A2100AXS: A2100AX mellorado
  • A2100AXX : versión ampliada para comunicacións móbiles.
  • Ademais existe a versión A2100M para usos militares.

Notas[editar | editar a fonte]