a-ha
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
a-ha foi unha banda norueguesa de synthpop formada polo vocalista Morten Harket, o guitarrista Paul Waaktaar-Savoy e o tecladista Magne Furuholmen. Tras formaren o grupo en 1982, saíron da Noruega rumbo a Londres co obxectivo de facer unha carreira no mundo da música.