Fairchild Republic A-10 Thunderbolt II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "A-10 Thunderbolt II")
A-10 Thunderbolt II
Thunderbolt II flight.jpg
A-10 Thunderbolt II
Tipo Apoio aéreo a terra
Fabricante Fairchild-Republic
Primeiro voo 10 de maio de 1972
Introducido marzo de 1977
Estado activo
Principais usuarios USAF
Construídos 716


O Fairchild-Republic A-10 Thunderbolt II, coñecido tamén como Warthog, é o primeiro avión de combate norteamericano construído especialmente para dar soporte aéreo ás forzas terrestres, é un avión sinxelo, sólido e eficaz. O prototivo realizou o primeiro voo o 10 de maio de 1972, os primeiros avións destináronse á base militar aérea de Davis-Monthan en Arizona en outubro de 1975.

As forzas aéreas non acolleron con entusiasmo os A-10 Thunderbolt II, xa que apostaban polos bombardeiros de grande altitude e os F-15 e F-16, e preferían o apoio aéreo de helicópteros. O A-10 Thunderbolt II estaba pensado para misións lentas de baixa altitude as que se poderían dar contra tanques soviéticos na Europa Oriental.

O A-10 está deseñado en torno ao GAU-8 Avenger, un potente canón automático que forma o principal armamento do aparato. O casco do avión incorpora uns 540 kg de blindaxe e o seu deseño está pensado para dar prioridade á supervivencia do avión, coas medidas de protección necesarias para permitir á aeronave permanecer no aire incluso despois de sufrir danos significativos.

Participou en operacións de combate na Guerra do Golfo, nos conflitos de Bosnia e Kosovo, na Guerra de Afganistán e na Guerra de Iraq. Despois de ser modernizado en varias ocasións, está previsto que o A-10 no sexa reemprazado polo novo F-35 Lightning II.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas