A praia dos afogados (filme)

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A praia dos afogados
Ficha técnica
Título orixinalA praia dos afogados
DirectorGerardo Herrero
ProdutorCarlos Rodríguez[1]
GuiónFelipe Vega
Domingo Villar
Baseado enA praia dos afogados de Domingo Villar
IntérpretesCarmelo Gómez
Pedro Alonso
Luis Zahera
EstudioForesta Films
Estrea10 de outubro de 2015
Duración96 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama, suspense
Recadación476.667,20 €[2]
Na rede
http://laplayadelosahogados.com/
IMDB: tt3721072 Filmaffinity: 718909 Rottentomatoes: m/the_beach_of_the_drowned Editar o valor em Wikidata

A praia dos afogados é un filme galego de drama e suspense dirixido por Gerardo Herrero, adaptación da obra A praia dos afogados de Domingo Villar. Foi estreado o 10 de outubro de 2015 en 110 salas de España, 20 delas en Galicia, nunha versión dobre, en galego e en castelán.[3] Está protagonizado por Carmelo Gómez, que interpreta o detective Leo Caldas, Pedro Alonso no papel de Valverde, e Luis Zahera como Arias. A rodaxe fíxose en Nigrán e Vigo, con exteriores na praia da Madorra, Panxón e o casco urbano da cidade olívica.[4]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Praia da Madorra, un dos escenarios do filme.

Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a costa. Se non tivese as mans atadas ás costas, Xusto Castelo sería outro dos fillos do mar que atopou a morte entre as augas mentres faenaba. Sen testemuñas nin pistas da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergullarase no ambiente mariñeiro da vila, tratando de poñer en claro o crime.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mato, Mar (12 de xaneiro de 2014). "El rodaje de ´La playa de los ahogados´ comienza este año". Consultado o 22 de novembro de 2014. 
  2. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de A praia dos afogados". Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  3. C, R (9 de outubro de 2015). ""O que me interesaba da obra de Villar eran os personaxes e a trama”". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 10 de outubro de 2015. 
  4. "Arrinca en Nigrán a rodaxe de «A praia dos afogados»". 5 de maio de 2014. Consultado o 22 de novembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]