83ª edición dos Oscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A 83ª edición dos Oscar, presentada pola Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2010 dos Estados Unidos e celebrouse o 27 de febreiro de 2011, no Teatro Kodak do distrito de Hollywood nos Ánxeles, California. Durante a cerimonia, Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. A cerimonia foi televisada nos Estados Unidos pola ABC. Os actores James Franco e Anne Hathaway co-presentaron a cerimonia, sendo a primeira vez para cada un.

Como eventos relacionados, a Academia a súa segunda cerimonia anual dos Premios Gobernadores no Grand Ballroom de Hollywood and Highland Center o 13 de novembro de 2010. O 12 de febreiro de 2011, nunha cerimonia no Beverly Wilshire Hotel en Beverly Hills, os Oscar á técnica foron presentados por Marisa Tomei.[1]

The King's Speech gañou catro premios, todos en categorías maiores: Mellor filme, Mellor director, Mellor actor e Mellor guión orixinal. Inception tamén gañou catro premios, todos en categorías técnicas.[2] Os outros gañadores foron The Social Network con tres premios e Alice in Wonderland, The Fighter e Toy Story 3, con dous premios cada un. Ademais, Black Swan, In a Better World, Inside Job e The Wolfman recibiron cadanseu premio;[3] os filmes non ficticios de God of Love, The Lost Thing e Strangers No More gañaron en cada unha das súas categorías específicas. A cerimonia tivo preto de 38 millóns de espectadores (só en América do Norte).

Gañadores e nomeados[editar | editar a fonte]

Os nomeados da 83ª edición dos Oscar foron anunciados o 25 de xaneiro de 2011 no Samuel Goldwyn Theater en Beverly Hills por Tom Sherak, presidente da Academia, e a actriz Mo'Nique.

Os filmes que recibiron máis nomeamentos foron The King's Speech con doce, seguido de True Grit con dez. Os gañadores foron anunciados durante a cerimonia de entrega o 27 de febreiro de 2011.[4][5][6]

Premios[editar | editar a fonte]

Tom Hooper, Mellor director.
Colin Firth, Mellor actor.
Natalie Portman, Mellor actriz.
Christian Bale, Mellor actor de reparto.
Melissa Leo, Mellor actriz de reparto.
Aaron Sorkin, Mellor guión adaptado.
Randy Newman, Mellor canción orixinal.
Rick Baker, Mellor maquillaxe.

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en negriña.[7]

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor de reparto Mellor actriz de reparto
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor filme de animación Mellor filme en lingua non inglesa
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de ficción Mellor curtametraxe animada
Mellor banda sonora Mellor canción orixinal
Mellor edición de son Mellor son
Mellor dirección de arte Mellor fotografía
Mellor maquillaxe Mellor deseño de vestiario
Mellor montaxe Mellores efectos visuais

Premios da Academia Honoríficos[editar | editar a fonte]

A academia celebrou a súa segunda cerimonia anual Premios Gobernadores o 13 de novembro de 2010, na que foron presentados os seguintes premios.[8][9][10]

Oscar honorífico[editar | editar a fonte]

Premio en memoria de Irving G. Thalberg[editar | editar a fonte]

Predecesor:
82ª edición dos Oscar
Premios Oscar
83ª edición dos Oscar
Sucesor:
84ª edición dos Oscar

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O'Neil, Tom. "Marisa Tomei to host Sci-Tech Oscars". Los Angeles Times (Tribune Company). http://www.goldderby.com/films/news/1065/marisa-tomei-to-host-sci-tech-oscars.
  2. "Oscars 2011: as it happened". Daily Telegraph. February 28, 2011. Arquivado do orixinal o March 10, 2011. http://www.telegraph.co.uk/culture/film/oscars/8348550/Oscars-2011-as-it-happened.html#. Consultado o February 28, 2011.
  3. "Oscars 2011: The King's Speech reigns". BBC News. February 28, 2011. Arquivado do orixinal o February 28, 2011. http://www.bbc.co.uk/news/entertainment-arts-12593241. Consultado o February 28, 2011.
  4. "Nominees & Winners for the 83rd Academy Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado do orixinal o March 2, 2011. http://www.oscars.org/awards/academyawards/83/nominees.html. Consultado o March 1, 2011.
  5. "List of Academy Award nominations". CNN. January 25, 2011. http://marquee.blogs.cnn.com/2011/02/27/83rd-annual-academy-awards-winners-list/. Consultado o March 1, 2011.
  6. "The King's Speech Conquers The Oscars". MTV (MTV). February 28, 2011. http://www.mtv.com/news/articles/1658827/oscars-kings-speech.jhtml. Consultado o April 26, 2011.
  7. "The 83rd Academy Awards (2011) Nominees and Winners". oscars.org. http://www.oscars.org/awards/academyawards/legacy/ceremony/83rd-winners.html. Consultado o November 23, 2011.
  8. "Brownlow, Coppola,Godard and Wallach to Receive Academy’s Governors Awards". AMPAS. AMPAS. http://www.oscars.org/press/pressreleases/2010/20100825.html. Consultado o April 27, 2011.
  9. "Honorary Academy Awards – Oscar Statuette & Other Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado do orixinal o April 8, 2010. http://www.oscars.org/awards/academyawards/about/awards/honorary.html. Consultado o April 27, 2010.
  10. "Irving G. Thalberg Memorial Award – Oscar Statuette & Other Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado do orixinal o May 14, 2011. http://www.oscars.org/awards/academyawards/about/awards/thalberg.html. Consultado o April 27, 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]