79ª edición dos Oscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A 79ª edición dos Oscar presentada pola Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2006 dos Estados Unidos de América e celebrouse o 25 de febreiro de 2007 no Kodak Theatre en Hollywood, Os Ánxeles. Durante a cerimonia, Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. A cerimonia, televisada nos Estados Unidos pola ABC, foi producida por Laura Ziskin e dirixida por Louis J. Horvitz. A actriz Ellen DeGeneres foi a presentadora por vez primeira.[1] Dúas semanas antes, nun evento do Beverly Wilshire Hotel en Beverly Hills, California o 10 de febreiro, foron presentados os Premios da Academia ó Logro Técnico por Maggie Gyllenhaal.[2]

Infiltrados gañou catro premios, incluíndo o de mellor filme e mellor director para Martin Scorsese.[3][4] Outros gañadores foron El laberinto del fauno con tres, An Inconvenient Truth, Dreamgirls e Little Miss Sunshine con cadanseus dous premios, Babel, The Blood of Yingzhou District, Den danske dikteren, Happy Feet, The Last King of Scotland, Letters from Iwo Jima, The Lives of Others, Marie Antoinette, Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest, The Queen e West Bank Story con un premio. A audiencia ascendeu a case 40 millóns de espectadores nos Estados Unidos.

Gañadores e nomeados[editar | editar a fonte]

Os nomeados da 79ª edición foron anunciados o 23 de xaneiro de 2007, no Teatro Samuel Goldwyn en Beverly Hills, California, por Sid Ganis, presidente da Academia, e pola actriz Salma Hayek.[5] Dreamgirls foi o que máis nomeamentos recibiu, oito, seguido por Babel con sete.[6] Nesta edición, ocorreu por primeira vez que o filme con máis nomeamentos non o estaba para o premio ó mellor filme.[7]

Os gañadores foron anunciados durante a cerimonia o 25 de febreiro de 2007.[8] Co seu derradeiro nomeamento coma mellor actor, Peter O'Toole converteuse no máis nomeado sen ter gañado un só premio.[9] "I Need to Wake Up" de An Inconvenient Truth converteuse na primeira canción dun documental en gañar o premio á mellor canción orixinal.[10]

Premios[editar | editar a fonte]

Martin Scorsese, mellor director.
Forest Whitaker, mellor actor.
Helen Mirren, mellor actriz.
Alan Arkin, mellor actor de reparto.
Jennifer Hudson, mellor actriz de reparto.
Guillermo Navarro, mellor fotografía.

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en negriña.[11]

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor de reparto Mellor actriz de reparto
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor filme de animación Mellor filme en lingua non inglesa
Mellor documental Mellor curta documental
Mellor curtametraxe de ficción Mellor curtametraxe animada
Mellor banda sonora Mellor canción orixinal
Mellor edición de son Mellor son
Mellor dirección de arte Mellor fotografía
Mellor maquillaxe Mellor deseño de vestiario
Mellor edición Mellores efectos visuais

Oscar de Honra[editar | editar a fonte]

Premio humanitario Jean Hersholt[editar | editar a fonte]

Predecesor:
78ª edición dos Oscar
Premios Oscar
79ª edición dos Oscar
Sucesor:
80ª edición dos Oscar

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ellen, meet Oscar". USA Today (Gannett Company). 7 desetembro de 2008. http://usatoday30.usatoday.com/life/movies/movieawards/oscars/2006-09-07-degeneres-host_x.htm. Consultado o 16 de febreiro de 2014.
  2. "Maggie G. Hosts Sci/Tech Oscars". Entertainment Weekly (TimeWarner). 7 defebreiro de 2007. http://popwatch.ew.com/2007/02/07/maggie_g_hosts_/. Consultado o 18 de xullo de 2013.
  3. "‘The Departed’ Wins Best Picture, Scorsese Best Director". The New York Times (The New York Times Company). 26 de febreiro de 2014. http://www.nytimes.com/2007/02/26/movies/awardsseason/26osca.html?pagewanted=all&_r=0. Consultado o 17 de febreiro de 2014.
  4. "At Long Last, Scorsese Wins Oscar". CBS News (CBS Corporation). 11 de febreiro de 2009. http://www.cbsnews.com/2100-207_162-2511891.html. Consultado o 22 de outubro de 2013.
  5. "Sure, the film business is cutthroat, but it also has heart, says industry leader Sid Ganis, who seems to have a lot of heart himself". The San Francisco Chronicle (Hearst Corporation). 22 de xaneiro de 2007. http://www.sfgate.com/entertainment/article/Sure-the-film-business-is-cutthroat-but-it-also-2655088.php. Consultado o 16 de xullo de 2013.
  6. "'Dreamgirls' Leads Oscar Noms — Without Best Picture Or Beyonce". MTV (Viacom Media Networks). 23 de xaneiro de 2007. http://www.mtv.com/news/articles/1550536/best-picture-snub-oscar-leader-dreamgirls.jhtml. Consultado o 14 de febreiro de 2014.
  7. "Oscar hugs and shrugs The Academy Award nominations show unusual diversity this year and, in the case of "Dreamgirls," an oddity. Oscar is doing his part for diversity". The Philadelphia Inquirer (Philadelphia Media Network). 24 de xaneiro de 2007. http://articles.philly.com/2007-01-24/news/25220650_1_time-in-oscar-history-directors-guild-nominations-fourth-best-picture-nomination. Consultado o 22 de xaneiro de 2014.
  8. "Nominees & Winners for the 79th Academy Awards". Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS). http://www.oscars.org/awards/academyawards/oscarlegacy/2000-2009/79nominees.html. Consultado o 16 de setembro de 2011.
  9. "Peter O'Toole". The Indianapolis Star (Gannett Company). 15 de decembro de 2013. http://archive.indystar.com/usatoday/article/4031975. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
  10. "The 79th Academy Awards (2007) Ceremony Overview". Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS). http://www.oscars.org/awards/academyawards/legacy/ceremony/79th.html. Consultado o 14 de febreiro de 2014.
  11. "The 79th Academy Awards (2007) Nominees and Winners". Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS). http://www.oscars.org/awards/academyawards/legacy/ceremony/79th-winners.html. Consultado o 18 de novembro de 2011.
  12. "Ennio Morricone Finally Gets an Oscar". Moviefone (AOL). 14 dedecembro de 2006. http://news.moviefone.com/2006/12/14/ennio-morricone-finally-gets-an-oscar/. Consultado o 8 de agosto de 2013.
  13. "Honorary Oscar to Lansing". Variety (PMC). 14 de decembro de 2006. http://variety.com/2006/film/news/honorary-oscar-to-lansing-1117955763/. Consultado o 1 de febreiro de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]