78ª edición dos Oscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A 78ª edición dos premios Oscar tivo lugar nunha cerimonia que se celebrou o 5 de marzo de 2006 no Teatro Kodak dos Ánxeles (Estados Unidos).

Casting da cerimonia[editar | editar a fonte]

Outros asistentes non candidatos[editar | editar a fonte]

Resumo da gala[editar | editar a fonte]

A actriz Mira Sorvino e o presidente da academia, Sid Ganis, leron as candidaturas correspondentes ó ano 2005 o 31 de xaneiro de 2006. Desde aquel momento varios medios prognosticaron unha gala máis politizada do habitual considerando que a máxima favorita da noite, Brokeback Mountain (Ang Le), narraba a historia de amor entre dous pastores homosexuais.

Outra das candidatas, Truman Capote, era un biopic sobre o famoso escritor cuxa inclinación sexual era idéntica á dos anteriores. A ese feito sumábase outra circunstancia: a filme narraba a investigación que Capote realizou para poder escribir A sangre fría, unha novela en contra da pena de morte.

Xunto ós dous filmes citados, atopábase un filme que previña sobre os ataques á liberdade de expresión padecidos nos últimos tempos da man da administración Bush (Good Night, and Good Luck, en galego Boas noites e boa sorte).

Crash pola súa banda pretendíase como un conto sobre as diferenzas racionais nos Ánxeles e sobre o desencontro das etnias.

Completaba o quinteto de afortunadas Munich, unha cinta que levantara ampolas tanto en xudeus como en palestinos, xa que a imaxe que se ofrece dos mesmos nesta reconstrución sobre a vinganza do goberno de Golda Meir contra os organizadores do secuestro e asasinato de 11 atletas durante as olimpíadas do 72 puña de relevo o seu desacordo no emprego da violencia. Ningunha das cinco tivo un éxito en taquilla espectacular. De feito, ningunha das cinco filmes estaba entre as 40 filmes máis taquilleiras do ano en Estados Unidos.

Aínda por riba, concorrían nesta edición unha intérprete, (Felicity Huffman), que defendía na cinta Transamerica o papel de transexual. A ela sumábaselle George Clooney -Good Night, and Good Luck-que sumaba catro candidaturas na mesma noite (produtor, guionista, director e actor), aínda que na última érao por un filme distinto, Syriana, un ataque contra a intervención da CIA nos países árabes. Ademais, outras das filmes máis beneficiadas, The Constant Gardener (O xardineiro fiel), arremetía duramente contra o papel das internacionais no terceiro mundo.

Un segundo factor -xunto ó carácter eticamente comprometido das candidatas- chamaba a atención: ningunha filme podería arrasar. Os premios da crítica, os BAFTA, a Screen Actors Guild, os Globos de Ouro e os Satellite Awards sinalaban á filme de Ang Le e ó seu realizador como triunfadores dos dous principais premios.

A tenor deses premios, Philip Seymour Hoffman, Reese Witherspoon e Rachel Weisz partían con vantaxe na categoría de intérpretes. O Oscar ó mellor actor de reparto era o único que espertaba máis dúbidas. As multi-candidaturas de Clooney -sumadas á súa transformación física para Syriana e ó Globo de Ouro- facíano partir dun lugar privilexiado. Porén, tiña dous rivais especialmente fortes. O primeiro, Paul Giamatti, quedara ausente na gala anterior contra todo prognóstico e gozaba do respaldo da Screen Actors Guild, aínda que tres circunstancias prexudicaban a súa carreira cara á figura: a súa filme (Cinderella Man) estreouse hai tempo, a campaña de Giamatti foi escasa, e ademais o seu nome fora omitido nas candidaturas dos Premios BAFTA, nos cales votaban varios dos académicos que tamén elixían ós triunfadores dos Oscars. Estes outorgaron o BAFTA ó mellor actor de reparto a Jake Gyllenhaal fronte a George Clooney, manifestando que a pesar da "trampa" tendida pola produtora ó promocionarlle como secundario (Gyllenhaal era tan protagonista como Heath Ledger) se había algún membro do reparto da filme a priori vencedora tiña posibilidades de éxito, este era Gyllenhaal, cuxo personaxe -un home sensible e valente- ademais coñecía un desenlace tráxico.

E un dato para a historia; había 24 anos que non coincidían as filmes nomeadas na categoría de mellor filme e mellor dirección.

Así as cousas a noite do 5 de marzo de 2006 empezaba con certa expectación. A este feito tamén contribuía o debut como mestre de cerimonias de Jon Stewart.

Candidaturas[editar | editar a fonte]

Oscar Honorífico[editar | editar a fonte]

Oscar ó mellor filme[editar | editar a fonte]

filme Resultado
Brokeback Mountain Candidata
Capote Candidata
Crash Gañadora
Good Night, and Good Luck Candidata
Munich ("Munich") Candidata

Oscar ó mellor director[editar | editar a fonte]

Realizador filme Resultado
Ang Le Brokeback Mountain Gañador
Paul Haggis Crash Candidato
Bennett Miller Capote Candidato
George Clooney Good Night, and Good Luck Candidato
Steven Spielberg Munich Candidato

Oscar á mellor actriz[editar | editar a fonte]

Actriz filme Resultado
Judi Dench Mrs. Henderson presents Candidata
Felicity Huffman Transamerica Candidata
Keira Knightley Pride & Prejudice Candidata
Charlize Theron North Country Candidata
Reese Witherspoon Walk The Line Gañadora

Oscar ao mellor actor[editar | editar a fonte]

Actor filme Resultado
Philip Seymour Hoffman Capote Gañador
Terrence Howard Hustle & flow Candidato
Heath Ledger Brokeback Mountain Candidato
Joaquin Phoenix Walk the Line Candidato
David Strathairn Good Night, and Good Luck Candidato

Oscar á mellor actriz de reparto[editar | editar a fonte]

Actriz filme Resultado
Amy Adams Junebug Candidata
Catherine Keener Capote Candidata
Frances McDormand North Country Candidata
Rachel Weisz The Constant Gardener Gañadora
Michelle Williams Brokeback Mountain Candidata

Oscar ó mellor actor de reparto[editar | editar a fonte]

Actor filme Resultado
George Clooney Syriana Gañador
Matt Dillon Crash Candidato
Paul Giamatti Cinderella Man Candidato
Jake Gyllenhaal Brokeback Mountain Candidato
William Hurt A History of Violence Candidato

Oscar ó mellor guión orixinal[editar | editar a fonte]

Guionista filme Resultado
Woody Allen Match Point Candidato
Paul Haggis
Robert Moresco
Crash Gañador
George Clooney
Grant Heslov
Good Night, and Good Luck Candidato
Noah Baumbach The Squid and The Whale Candidato
Stephen Gaghen Syriana Candidato

Oscar ó mellor guión adaptado[editar | editar a fonte]

Guionista filme Resultado
Diana Ossana
Larry McMurtry
Brokeback Mountain Gañador
Dan Futterman Capote Candidato
Jeffrey Caine The Constant Gardener Candidato
Josh Olson A History of Violence Candidato
Tony Kushner
Eric Roth
Munich Candidato

Oscar ó mellor filme de animación[editar | editar a fonte]

filme Director Resultado
Corpse bride Tim Burton
Mike Johnson
Candidata
O castelo ambulante Hayao Miyazaki Candidata
Wallace e Gromit: A maldición das verduras Nick Park
Steve Box
Gañadora

Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa[editar | editar a fonte]

filme Director País Resultado
Bo nadal Christian Carion Francia Candidata
La bestia nel cuore Cristina Comencini Italia Candidata
Paradise Now Hany Abu-Assad Palestina Candidata
Tsotsi Gavin Hood Sudáfrica Gañadora
Sophie Scholl - Os últimos días Marc Rothemund Alemaña Candidata

Oscar á mellor banda sonora[editar | editar a fonte]

Compositor filme Resultado
Alberto Iglesias The Constant Gardener Candidato
John Williams Memoirs of a Geisha Candidato
John Williams Munich Candidato
Gustavo Santaolalla Brokeback Mountain Gañador
Dario Marianelli Pride & Prejudice Candidato

Oscar á mellor canción[editar | editar a fonte]

Canción Música Letra filme Resultado
Travelin' Thru Dolly Parton Dolly Parton Transamerica Candidato
It's Hard Out Here for a Pimp Jordan Houston
Cedric Coleman
Paul Beauregard
Jordan Houston
Cedric Coleman
Paul Beauregard
Hustle & flow Gañadores
In the Deep Kathleen "Bird" York
Michael Becker
Kathleen "Bird" York Crash Candidato

Oscar á mellor fotografía[editar | editar a fonte]

Fotógrafo filme Resultado
Robert Elswit Good Night, and Good Luck Candidato
Dion Beebe Memoirs of a Geisha Gañador
Wally Pfister Batman begins Candidato
Rodrigo Prieto Brokeback Mountain Candidato
Emmanuel Lubezki The New World Candidato

Oscar ó mellor deseño de vestiario[editar | editar a fonte]

Diseñador/a filme Resultado
Gabriella Pescucci Charlie and the Chocolate Factory Candidato
Colleen Atwood Memoirs of a Geisha Gañador
Sandy Powell Mrs. Henderson presents Candidato
Jacqueline Durran Pride & Prejudice Candidato
Arianne Phillips Walk the Line Candidato

Oscar á mellor dirección artística[editar | editar a fonte]

Dirección artística Diseño de decorados filme Resultado
Stuart Craight Stephenie McMillan Harry Potter e o Cáliz de fogo Candidato
John Myhre Gretchen Rau Memoirs of a Geisha Gañador
Grant Major Dan Hennah
Simon Bright
King Kong Candidato
Jim Bissell Jan Pascale Good Night, and Good Luck Candidato
Sarah Greenwood Katie Spencer Pride & Prejudice Candidato

Oscar á mellor montaxe[editar | editar a fonte]

Montador filme Resultado
Michael Kahn Munich Candidato
Michael McCusker Walk the Line Candidato
Claire Simpson The Constant Gardener Candidato
Hughes Winborne Crash Gañador
Mike Hill
Dan Hanley
Cinderella Man Candidato

Oscar á mellor maquillaxe[editar | editar a fonte]

Maquillador filme Resultado
David Leroy Anderson
Lance Anderson
Cinderella Man Candidato
Dave Elsey
Nikki Gooley
Star Wars: Episode III - Revenge of the Sith Candidato
Howard Berger
Tami Lane
The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe Gañador

Oscar á mellor edición de son[editar | editar a fonte]

Nominados filme Resultado
Mike Hopkins
Ethan Van der Ryn
King Kong Gañador
Wylie Stateman Memoirs of a Geisha Candidato
Richard King War of the Worlds Candidato

Oscar ó mellor son[editar | editar a fonte]

Nominados filme Resultado
Terry Porter
Dean A. Zupancic
Tony Johnson
The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe Candidato
Christopher Boyes
Michael Semanick
Michael Hedges
Hammond Peek
King Kong Gañador
Kevin O’Connell
Greg P. Russell
Rick Kline
John Pritchett
Memoirs of a Geisha Candidato
Paul Massey
D.M. Hemphill
Peter F. Kurland
Walk the Line Candidato
Andy Nelson
Anna Behlmer
Ronald Judkins
War of the Worlds Candidato

Oscar ós mellores efectos visuais[editar | editar a fonte]

Nominados filme Resultado
Dean Wright
Bill Westenhofer
Jim Berney
Scott Farrar
The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe Candidato
Joe Letteri
Brian Van’t Hul
Christian Rivers
Richard Taylor
King Kong Gañador
Dennis Muren
Pablo Helman
Randy Dutra
Daniel Sudick
War of the Worlds Candidato

Oscar ó mellor documental longo[editar | editar a fonte]

filme Resultado
La Marche de l'empereur Gañador
Darwin's Nightmare Candidato
Enron: The Smartest Guys in the Room Candidato
Murderball Candidato
Street Fight Candidato

Oscar ó mellor documental curto[editar | editar a fonte]

filme Resultado
The Death of Kevin Carter: Casualty of the Bang Bang Club Candidato
God Sleeps in Rwanda Candidato
The Mushroom Club Candidato
A Note of Triumph: The Golden Age of Norman Corwin Gañador

Oscar á mellor curtametraxe[editar | editar a fonte]

filme Resultado
Der Ausreißer (The Runaway) Candidato
Cashback Candidato
The Last Farm Candidato
Our Time is Up Candidato
Six Shooter Gañador

Oscar á mellor curtametraxe animada[editar | editar a fonte]

filme Resultado
Badgered Candidato
The Moon and the Son: An Imagined Conversation Gañador
The Mysterious Geographic Explorations of Jasper Morello Candidato
9 Candidato
O home orquestra Candidato

In memoriam[editar | editar a fonte]

Cada ano a academia de cine rende unha homenaxe póstuma a aqueles profesionais que pereceron durante o tempo transcorrido entre unha cerimonia e outra. Na presente edición dos Oscar proxéctase un vídeo como tributo aos falecidos durante eses doce meses. Este ano a relación inclúe ás seguintes personalidades: Shelley Winters, John Mills, Chris Penn, Pat Morita, Teresa Wright, John Spencer, Richard Pryor, Robert Wise, Anne Bancroft, Vincent Schiavelli, Maria Schell, Barbara Bel Geddes, Evan Hunter, Geraldine Fitzgerald, James Doohan, Matthew McGrory, Jocelyn Brando, Constance Cummings, Ismael Merchant, John Brabourne, Anthony Franciosa, Suzane Flonn.

Predecesor:
77ª edición dos Oscar
Premios Oscar
78ª edición dos Oscar
Sucesor:
79ª edición dos Oscar