55 Cancri c

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
55 Cancri c
Planeta extrasolar Lista de planetas extrasolares
55 Cnc c rv.pdf
A velocidade radial varía 55 Cancri varia o tempo por culpa da influencia de 55 Cancri c.
Estrela nai
Estrela 55 Cancri A
Constelación Cáncer
Ascensión recta (α) 08h 52m 35.8s
Declinación (δ) +28° 19′ 51″
Magnitude aparente (mV) 5,95
Distancia 40,3 ± 0,4 al
(12,3 ± 0,1 pc)
Tipo espectral G8V
Masa (m) 0,95 ± 0,10 M
Raio (r) 1,152 ± 0,035 R
Temperatura (T) 5.373 ± 9,7 K
Metalicidade [Fe/H] 0,29
Idade 7,4–8,7 Ga
Elementos orbitais
Eixo semimaior (a) 0,240 ± 0,00005[1] UA
(37,4 Gm)
    19,2 mas
Periastro (q) 0,219 UA
(32,8 Gm)
Apoastro (Q) 0,260 UA
(39,0 Gm)
Excentricidade (e) 0,086 ± 0,052[1]
Período orbital (P) 44,3446 ± 0,007[1] d
(0,121407 a)
Argumento do
periastro
(ω) 77,9 ± 29[1]°
Tempo do periastro (T0) 2.449.989,3385 ± 3,3[1] Xd
Semi-amplitude (K) 10,18 ± 0,43[1] m/s
Características físicas
Masa mínima (m sin i) 0,169 ± 0,008[1] MJ
Fluxo estelar (F) 11
Información do descubrimento
Data do descubrimento 13-06-2002
Descubridor(es) Marcy e o seu equipo.
Método do descubrimento Velocidade radial
Lugar do descubrimento California, USA
Status do descubrimento Publicado
Outras designacións
55 Cancri Ac, Rho1 Cancri c, HD 75732 c
Referencias nas
bases de datos
Enciclopedia
Planetas Extrasolares
datos
SIMBAD datos

55 Cancri c (abreviado 55 CNC c) é un planeta extrasolar cunha órbita excéntrica ó redor da estrela 55 Cancri A (que é semellante ó noso Sol), completando unha órbita cada 44,34 días. É o terceiro planeta coñecido en orde de distancia respecto da súa estrela. 55 Cancri c foi descuberto o 13 de xuño de 2002 e ten unha masa de case a metade da de Saturno.

Descubrimento[editar | editar a fonte]

Coma a meirande parte dos planetas extra-solares coñecidos, 55 Cancri c detectouse pola observación das variacións da velocidade radial da súa estrela. Isto conseguiuse a través de medicións moi precisas e finas do efecto Doppler do espectro da estrela. No momento do seu descubrimento, 55 Cancri A xa era coñecida por posuír un planeta (55 Cancri b), con todo, aínda había un desvío nas medicións da súa velocidade radial, a cal aínda non tiña xustificación.[2]

No 2002, medicións posteriores revelaron a presenza dun planeta de longo período nunha órbita en torno ás 5 UA de distancia da estrela. Aínda e cando ámbolos dous planetas foron asignados, aínda quedaba unha periodicidade de preto de 43 días. Con todo, este período é case igual ó período de rotación de 55 Cancri A, o que indicaba a posibilidade de que o período de 43 días fose causado pola rotación estelar, no canto de estar debido á presenza dun planeta. Tanto o planeta 43 días (designado 55 Cancri c) e o planeta que estaba 5 UA (designado 55 Cancri d) foron anunciados no mesmo xornal, etiquetados en orde crecente de distancia respecto da estrela.[3]

Outras medicións posteriores que levaron ó descubrimento do planeta interior 55 Cancri e, no 2004, prestaron apoio á hipótese do planeta. [4] Medicións fotométricas da estrela ó longo de máis de 11 anos non amosaron actividade algunha co mesmo período cas variacións da velocidade radial de 55 Cancri c, e ademais, o período é estable a longo prazo, o que non é consistente coa hipótese dunha actividade estelar que cause as variacións da velocidade radial. A amplitude do sinal da velocidade radial é inconsistente con variacións estelares en estrelas coma 55 Cancri A, que teñen un baixo nivel de actividade cromosférica.[1]

Órbita e masa[editar | editar a fonte]

Na solución de 5 planetas para o sistema Cancri 55, a órbita de 55 Cancri c é lixeiramente excéntrica: cun apoastro do planeta de case un 19% máis de distancia, respecto da súa estrela, do que ten o seu periastro. Está situado a máis preto de 55 Cancri A do que está Mercurio respecto do noso sol, aínda que ten un período orbital longo en comparacións cos típicos Xúpiter quentes. O planeta está situado preto dunha resonancia orbital de 3:1 co planeta interior 55 Cancri b, con todo, as simulacións indican que os dous planetas non están realmente nesta resonancia.[1]

Unha limitación do método da velocidade radial utilizado para descubri-lo planeta é que só se pode obter un límite inferior para a masa. Observacións astrométricas posteriores feitas co Telescopio Espacial Hubble do planeta exterior 55 Cancri d suxiren que o planeta está inclinado a 53° respecto ó plano do ceo; [4] pero o máis interior que é 'b', e 'e' están inclinados 85 °, pero a inclinación do planeta 'c' é descoñecida.

Características[editar | editar a fonte]

Xa que o planeta foi detectado indirectamente a través de observacións da súa estrela, propiedades, tales como a seu raio, composición e temperatura son descoñecidas. Cunha masa similar á de Saturno, 55 Cancri c é probable que sexa un xigante gasoso sen superficie sólida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Fischer, D.A.; Marcy, Geoffrey W.; Butler, R. Paul; Vogt, Steven S.; Laughlin, Greg; Henry, Gregory W.; Abouav, David; Peek, Kathryn M. G.; Wright, Jason T.; (Marzo do 2008). Five Planets Orbiting 55 Cancri. 675. arXiv:0712.3917. Bibcode 2008ApJ...675..790F. DOI:10.1086/525512.
  2. Butler e o seu equipo.; Marcy, Geoffrey W.; Williams, Eric; Hauser, Heather; Shirts, Phil; (1997). "Three New 51 Pegasi-Type Planets". The Astrophysical Journal 474 (2): L115–L118. Bibcode 1997ApJ...474L.115B. DOI:10.1086/310444.
  3. Marcy, G.; Butler, R. Paul; Fischer, Debra A.; Laughlin, Greg; Vogt, Steven S.; Henry, Gregory W.; Pourbaix, Dimitri; (2002). "A planet at 5 AU Around 55 Cancri". The Astrophysical Journal 581 (2): 1375–1388. arXiv:astro-ph/0207294. Bibcode 2002ApJ...581.1375M. DOI:10.1086/344298.
  4. 4,0 4,1 Endl, Michael; Cochran, William D.; Benedict, G. Fritz; Fischer, Debra A.; Marcy, Geoffrey W.; Butler, R. Paul; Naef, Dominique; Mayor, Michel; (2004). "Detection of a NEPTUNE-mass planet in the ρ1 Cnc system using the Hobby-Eberly Telescope". The Astrophysical Journal 614 (1). arXiv:astro-ph/0408585. Bibcode 2004ApJ...614L..81M. DOI:10.1086/425561.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]