50 metros lisos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os 50 metros lisos son unha disciplina do atletismo que consiste en correr no menor tempo posíbel 50 metros en liña recta sobre unha superficie cha sen obstáculos. É unha proba practicada por atletas moi novos (de 13 anos de idade, ou menos) e destinada a avaliar as cualidades de velocistas dos nenos e nenas evitando un sobreesforzo no adestramento. Practícase en pista cuberta ou ao aire libre.

Os récords do mundo posúenos na actualidade o canadense Donovan Bailey na categoría masculina (5,56 seg), e a rusa Irina Privalova na feminina (5,96 seg).

En Galicia destaca a marca de Ana Peleteiro, 6,66 seg, rexistrada na Coruña en pista cuberta en 2013.