35007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
35007
35007 2002-05-31 Live in Weinheim 1.jpg
Orixe Países Baixos, Flag of the Netherlands.svg
Xénero(s) stoner rock, rock psicodélico, space rock, rock progresivo
Selo(s) discográfico(s) Stickman Records
Membros Mark Sponselee
Bertus Fridael
Sander Evers
Michel Boekhoudt
Luk Sponselee
Pidah Kloos
Antigos membros Jacco van Rooy
Eeuwout Baart
Web oficial http://www.dse.nl/~drie5007/


35007 é unha banda procedente dos Países Baixos. O seu son ten elementos do stoner rock, rock psicodélico, space rock e rock progresivo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

35007 formouse en Eindhoven a finais dos anos 80 e tivo a súa orixe na banda The Alabama Kids. A primeira formación do grupo estivo composta por Eeuwout Baart (voces), Mark Sponselee (sons, sintetizadores), Bertus Fridael (guitarra), Jacco Van Rooy (batería), Michel Boekhoudt (baixo), Luk Sponselee (video jockey) e Pidah Kloos (sons, enxeñeiro).

Publicaron o seu álbum de estrea, Especially For You, en 1994, e tras o seu traballo 35007 (1997) Jacco van Rooy deixou a banda sendo substituído por Sander Evers na batería. No ano 2001 Eeuwout Baart tamén deixou o grupo, e 35007 continuou como un conxunto instrumental. O EP Sea of Tranquillity (2001) foi a primeira das súas edicións instrumentais. A este seguíulle Liquid, lanzado en 2002. No ano 2005 a banda, agora con Tos Nieuwenhuizen de Beaver á guitarra, publicaría Phase V.

Nos anos seguintes á aparición de Phase V Bertus Fridael iniciou a súa propia banda, Mother-Unit. Sander Evers tocou en Gomer Pyle entre o 2006 e o 2010, e na actualidade actua con Monomyth. Jacco van Rooy uníuse a Motorpsycho durante un breve período de tempo a agora está en Neon Twin. Tos Nieuwenhuizen toca ao vivo con Sunn O))).

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]