32P/Comas Solá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

32P/Comas Solá e un cometa periódico, actualmente ten un período orbital de 8,8 anos. Foi descuberto polo astrónomo catalán Josep Comas i Solà dende o Observatorio Fabra de Barcelona, o 4 de novembro de 1926, mentras facía fotografías do ceo co telescopio fotográfico de 6 polgadas, como parte do seu traballo de busqueda de asteroides.

Determinada a órbita, a evolución anterior do cometa convertiuse nun tema de interés, dado que alguns astrónomos suxeriron que poderia tratarse do cometa periódico perdido Spitaler (113P/Spitaler). Posteriormente, despois do perihelio de 1935 P. Ramensky investigou o movemento orbital remontandose a 1911 e demostrou que en maio de 1912 o cometa Comas Solá tiña pasado moi preto de Xúpiter e que antes desta data o seu perihelio atopabase a 2,15 UA, no lugar das 1,8 UA actuais, e tiña un período de 9,43 anos. Deste xeito quedou fora de toda dubida que non se trataba do cometa Spitaler.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]