300: Rise of an Empire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
300: Rise of an Empire
Título orixinal {{{títuloorixinal}}}
[[Ficheiro:{{{imaxe}}}|200px| ]]
Ficha técnica
Director Noam Murro
Produtor Gianni Nunnari, Mark Canton, Zack Snyder, Deborah Snyder, Bernie Goldmann
Guión Zack Snyder, Kurt Johnstad
Baseado en Xerxes (inédito)[1][2]
Intérpretes Sullivan Stapleton, Eva Green, Lena Headey, Hans Matheson, Rodrigo Santoro
Música Junkie XL[3]
Fotografía {{{fotografía}}}
Montaxe Wyatt Smith, David Brenner
Estudio Legendary Pictures, Cruel and Unusual Films
Distribuidor Warner Bros. Pictures
Ano Flag of the United States.svg 4 de marzo de 2014; comercial: 7 de marzo de 2014
Duración 102 minutos[4]
País Estados Unidos
Xénero {{{xénero}}}
Orzamento $100 millóns[5]
Recadación $132.850.000[5]
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

300: Rise of an Empire é un filme épico estadounidense de 2014 dirixido por Noam Murro, secuela do filme de 2007 300, que acontece antes, durante e despois dos sucesos que aparecían nesa película e mais cunha reconstrución ficticia da batalla de Salamina.[6]Baséase na novela gráfica inédita de Frank Miller, Xerxes. O director do filme orixinal, Zack Snyder, traballou como guionista e produtor desta volta.

Eva Green, a protagonista feminina de 300:Rise of an Empire

No repartimento figuran Lena Headey, Rodrigo Santoro, David Wenham e Andrew Tiernan que repiten os papeis que tiñan no filme orixinal, xunto con Sullivan Stapleton, Eva Green, Hans Matheson, Callan Mulvey e Jack O'Connell. A súa estrea comercial, en 3D e IMAX 3D foi o 7 de marzo de 2014.[7][8] O compositor da música do filme foi Junkie XL.[9]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Gorgo (Lena Headey), raíña de Esparta, cóntalles aos seus homes da batalla de Maratón, na que o rei Darío I (Yigal Naor) de Persia morreu a mans do xeneral Temístocles (Sullivan Stapleton) de Atenas, o seu fillo Xerxes (Rodrigo Santoro), presenza a agonía de seu pai e antes de morrer este dálle o consello de non continuar a guerra, xa que "só os deuses poden derrotar os gregos". A comandante da frota de Darío Artemisia (Eva Green), consola a Xerxes afirmando que as derradeiras palabras de Darío eran un desafío, se como rei non pode derrotar os gregos, terá que o facer como deus e emprende unha viaxe ao longo do deserto ata que chega a unha cova onde se baña nun líquido áureo, emerxendo o Deus-rei, cumprida a súa misión volve a Persia e declara a guerra a Grecia. Mentres as forzas de Xerxes avanzan cara ás Termópilas, Temístocles reúnese co consello e convénceos para que lle suministren unha frota para se enfrontar cos persas no mar e logo marcha para Esparta para pedirlle axuda ao rei Leónidas, alí Dilios (David Wenham) infórmalle que o rei está consultando o oráculo, e que Gorgo é reticente a porse do lado dos gregos. Temístocles entón fala co seu vello amigo Escila (Callan Mulvey) polo que coñece que Artemisa é grega de nacenza pero que se pasou aos persas logo que soldados gregos mataran os seus pais e violárana cando era unha nena, e que conquistou o seu lugar como comandante naval tras matar desapiadamente a varios dos inimigos de Darío.

Temístocles conduce os seus homes, entre eles Escilas, o fillo deste Calisto (Jack O'Connell) e a man dereita de Temístocles Esquilo (Hans Matheson) ao mar Exeo, dirixen os seus navíos contra dos barcos persas e cargan contra eles, matando moitos soldados antes de retirarse, o mesmo acontece o día seguinte, impresionada co labor de Temístocles, Artemisa sedúceo e ofrécelle un posto no seu exército, o que el rexeita e polo que ela xura vinganza.

Soldados persas enchen o mar de alcatrán e homes con bombas infíltranse nos barcos gregos, Artemisa e os seus homes lanzan fachos e frechas ardendo para que exploten, pero Temístocles mata un dos soldados, que cae no alcatrán levando un facho, o que causa que navíos das dúas frotas exploten. Por causa da explosión Temítocles cae ao mar e case afoga pero Calisto logra rescatalo. Artemisa e as súas forzas retíranse ao crelo morto.

A Temístocles chéganlle as novas que Xerxes matou a Leónidas e os seus 300 e volve a Atenas para coñecer por medio de Efialtes (Andrew Tiernan), o espartano traidor, os plans de Xerxes para atacar Atenas.

Repartimento[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

En xuño de 2008 os produtores Gianni Nunnari, Mark Canton e Bernie Goldmann deron a coñecer que comezaran a traballar nunha secuela do filme 300.[11] e Legendary Pictures anunciou que Frank Miller, o autor da novela gráfica na que se baseaba a película, estaba a escribir unha secuela dela, e que Zack Snyder, o director de 300, estaba interesado en dirixir a adaptación, pero ao final optou por traballar en Man of Steel.[12][13]. Elixiuse logo a Noam Murro como director mentres Snyder mantiña un posto como produtor. O argumento do filme íase centrar no grego Temístocles interpretado polo actor australiano Sullivan Stapleton.[14]

Durante a preprodución o filme levaba o título de 300: Battle of Artemisium;[15] e en setembro de 2012 recibiu o seu título definitivo, 300: Rise of an Empire.[16] A filmación principiou a primeiros do mes de xullo de 2012 nos estudios Nu Boyana Film en Sofía, (Bulgaria).[17] A estrea foi o 5 de marzo de 2014 no TCL Chinese Theatre[18] e a explotación comercial comezou o 7 dese mes.

Recepción[editar | editar a fonte]

300: Rise of an Empire recibiu críticas variadas, así no agregador especializado Rotten Tomatoes, o filme conta cunha avaliación do 43%, cunha puntuación media de 4,9/10, baseado en datos de 136 críticos, e amosa o consenso que pese á boa interpretación de Eva Green é un paso atrás do filme predecesor[19] Noutro agregador Metacritic conta cunha puntuación de 47/100 baseado en datos de 30 críticos.[20]

Todd Gilchrist de The Wrap deulle ao filme unha crítica negativa[21] Todd McCarthy de The Hollywood Reporter tamén lle deu unha crítica negativa [22] Scott Foundas de Variety deulle unha crítica positiva, entretido que funciona ben, pero sen as resonancias míticas que tiña 300"[10] Kyle Smith of the New York Post deulle dúas estrelas e medio sobre catro, relacionando o filme con Conan the Barbarian."[23] Richard Roeper deulle catro estrelas e media sobre cinco, afirmando que é unha gran produción brillantemente feita[24] James Rocchi de Film.com deulle unha puntuación de 0 sobre 10, afirmando que era unha broma en 3D."[25]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schaefer, Sandy. "First Look At ’300′ Prequel Comic Book". ScreenRant. http://screenrant.com/300-prequel-comic-book-xerxes-sandy-62930/. Consultado o February 1, 2013.
  2. Sitterson, Aubrey. "Comic-Con 2011: Xerxes Is Now 300: Battle of Artemisia". UGO Networks. http://www.ugo.com/movies/the-300-spin-off-xerxes-is-now-300-battle-of-artemisia. Consultado o 1 de febreiro de 2013.
  3. "Junkie XL score composer for 300: Rise of an Empire". 300themovie.com. http://www.300themovie.com/. Consultado o 15 de agosto de 2013.
  4. "300: RISE OF AN EMPIRE (15)". Warner Bros.. British Board of Film Classification. 13 de xaneiro de 2014. http://www.bbfc.co.uk/releases/300-rise-empire-film-0. Consultado o 16 de xaneiro de 2014.
  5. 5,0 5,1 "300: Rise of An Empire (2014)". Box Office Mojo. http://www.boxofficemojo.com/movies/?id=300sequel.htm. Consultado o 9 de marzo de 2014.
  6. "Rodrigo Santoro Back For 300 Sequel?". Empireonline.com. http://www.empireonline.com/news/story.asp?NID=33416. Consultado o 15 de agosto de 2013.
  7. "300: Rise of an Empire and All You Need is Kill Pushed Back". ComingSoon. http://www.comingsoon.net/news/movienews.php?id=104080.
  8. "IMAX and Warner Bros. Partner to Bring 20 New Pictures to IMAX® Theatres". IMAX. http://www.imax.com/community/blog/imax-and-warner-bros-partner-to-bring-20-new-pictures-to-imax-theatres/. Consultado o 5 de novembro de 2012.
  9. "Junkie XL Scoring ’300: Rise of an Empire’". Filmmusicreporter.com. http://filmmusicreporter.com/2013/05/07/junkie-xl-scoring-300-rise-of-an-empire. Consultado o 15 de agosto de 2013.
  10. 10,0 10,1 Scott Foundas Chief Film Critic @foundasonfilm (3 de marzo de 2014). "’300: Rise of an Empire’ Review: Eva Green Stars in Entertaining Sequel". Variety. http://variety.com/2014/film/reviews/film-review-300-rise-of-an-empire-1201122602/. Consultado o 8 de marzo de 2014.
  11. Frosty (25 de xuño de 2008). "Producers Mark Canton, Gianni Nunnari and Bernie Goldmann Exclusive Video Interview". Collider.com. Arquivado do orixinal o June 28, 2008. http://www.collider.com/entertainment/interviews/article.asp/aid/8326/tcid/1. Consultado o 26 de xuño de 2008.
  12. Diane Garrett (29 de xuño de 2008). "New 300 rallies troops". Variety (Reed Business Information). Arquivado do orixinal o 3 de xullo de 2008. http://www.variety.com/article/VR1117988284.html. Consultado o 30 de xuño de 2008.
  13. Mike Fleming (27 de xuño de 2011). "'Xerxes' Pic Down To Noam Murro And Jaume Collett-Serra For '300' Spinoff". Deadline Hollywood. http://www.deadline.com/2011/06/xerxes-pic-down-to-noam-murro-and-jaume-collett-serra-for-300-spinoff/. Consultado o 27 de xuño de 2011.
  14. "'300' The Prequel: Meet The New Xerxes". Moviepilot.com. 8 de febreiro de 2012. http://moviepilot.com/#movies/43660-300-the-battle-of-artemisium/stories/356994-sullivan-stapleton-to-star-in-the-prequel-of-300. Consultado o 9 de febreiro de 2012.
  15. "300 Follow-Up Gets Official Title | Movie News | Empire". Empireonline.com. http://www.empireonline.com/news/story.asp?NID=35187. Consultado o October 8, 2012.
  16. Kit, Borys (13 de setembro de 2012). "Warner Bros. Gives '300' Sequel a New Title". The Hollywood Reporter. http://www.hollywoodreporter.com/heat-vision/warner-bros-300-new-title-370080. Consultado o 13 de setembro de 2012.
  17. "A James Bond girl arrives in Bulgaria". EuroPost. 13 de xullo de 2012. http://www.europost.bg/article?id=5163. Consultado o 16 de xullo de 2012.
  18. Johns, Nikara (5 de marzo de 2014). "‘Unapologetic,’ ‘Strong’ Female Leads Praised at ’300: Rise of an Empire’ Premiere". Variety. http://variety.com/2014/scene/news/unapologetic-strong-female-leads-praised-at-300-rise-of-an-empire-premiere-1201125777/. Consultado o 7 de marzo de 2014.
  19. "300: Rise of an Empire (2014)". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/300_rise_of_an_empire/. Consultado o 4 de marzo de 2014.
  20. "300: Rise of an Empire". Metacritic. http://www.metacritic.com/movie/300-rise-of-an-empire. Consultado o 4 de marzo de 2014.
  21. "'300: Rise of An Empire' Review: More of the Same, But Slightly Less". TheWrap. 3 de marzo de 2014. http://www.thewrap.com/300-rise-empire-review/. Consultado o 8 de marzo de 2014.
  22. "300: Rise of an Empire: Film Review". The Hollywood Reporter. 3 de marzo de 2014. http://www.hollywoodreporter.com/movie/300-rise-an-empire/review/684621. Consultado o 8 de marzo de 2014.
  23. Smith, Kyle (26 de febreiro de 2014). "March into battle with ‘300: Rise of an Empire’ | New York Post". Nypost.com. http://nypost.com/2014/03/05/march-into-battle-with-300-rise-of-an-empire/. Consultado o 8 de marzo de 2014.
  24. "300: Rise of an Empire” Review". RichardRoeper.com. http://www.richardroeper.com/reviews/300riseofanempire.aspx. Consultado o 8 de marzo de 2014.
  25. The 100 Best Movie Scenes of 2013. "Review: ’300: Rise Of An Empire’". Film.com. http://www.film.com/movies/review-300-rise-of-an-empire. Consultado o 8 de marzo de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]