2M1207b

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2M1207b
Exoplanet Comparison 2M1207 b.png
Comparación entre o tamaño de 2M1207b é Xúpiter.
Estrela Nai
Estrela 2M1207
Constelación Centaurus
Ascensión recta (α) 12h 07m 33.47s[1]
Declinación (δ) −39° 32′ 54.0″[1]
Distancia 172 ± 3 al
52,75+1,04
−1,00
[2] pc
Tipo espectral M8[1]
Separación
Época 2005[3]
Separación angular (ρ) 769 ± 10[3] mas
Ángulo de posición (θ) 125,6 ± 0,7[3] º
Separsación estimada (d) 40,6 ± 1,3[4] UA
Características Físicas
Masa (m sin i) 4 ++6
−-1
Mx
Raio (r) 1,5[5] Rx
Temperatura (T) 1600 ± 100[3] K
Descubrimento
Descuberto por Chauvin e col.
Data do descubrimento Abril do 2004
Método da detección Imaxe
Status do descubrimento Publicado[6]
Outras designacións
HD 3651 b
Referencias nas bases de datos
Extrasolar Planets Encyclopaedia data
SIMBAD data

2M1207b é un planeta extrasolar que orbita ó redor da estrela anana marrón 2M1207 na constelación de Centaurus, e está a preto de 170 anos luz da Terra.[2] Destacado por ser un dos primeiros candidatos a planeta extrasolar observados directamente (a través de imaxes no infravermello), foi descuberto en abril de 2004 polo Very Large Telescope (VLT) dende o Observatorio de Paranal, Chile, por un equipo do Observatorio Europeo do Sur liderado por Gaël Chauvin.[6] Pénsase que ten entre 3 a 10 veces a masa de Xúpiter e podería orbitar ó redor da súa estrela primaria a unha gran distancia, semellante á distancia a que orbita Plutón ó redor do noso Sol.[5]

Este planeta é un xigante gasoso moi quente, a temperatura estimada da superficie é de aproximadamente 1.600 K (1.300 ºC ou 2.400 °F), principalmente debido á contracción gravitacional.[3]A súa masa está ben por baixo do límite calculado para a fusión do deuterio en ananas marróns, que é de 13 masas de Xúpiter. A proxección da distancia entre 2M1207b e a súa estrela primaria é de preto de 40 UA (Similar á distancia media entre Plutón e o Sol).[4] O espectro infravermello indica a presenza de moléculas de auga na súa atmosfera.[7] O obxecto non é un probable candidato para sustenta-la vida, tanto na súa superficie ou en calquera dos seus satélites.

Descubrimento, identificación e propiedades[editar | editar a fonte]

Imaxe infravermella de 2M1207 (azulada) e do seu acompañante planetario 2M1207b (avermellado), tomada polo Observatorio Europeo do Sur no ano 2004.
Simulación de 2M1207b do programa de software libre Celestia.

2M1207b é preto de 100 veces máis débil no ceo que a súa compañeira.[8] Detectouse por primeira vez coma un "puntiño avermellado de luz" en 2004 polo VLT. Trala observación de inicio, había algunha dúbida en canto a saber se os obxectos podían ser só unha simple binaria óptica, pero observacións posteriores do Telescopio Espacial Hubble e do VLT demostraron que os obxectos móvense xuntos e son, polo tanto, presuntamente un sistema binario.[7]

O valor inicial da estimación fotométrica da distancia ata 2M1207b era de 70 parsecs. [2] En decembro do 2005, o astrónomo norteamericano Eric Mamajek informou dunha avaliación máis precisa da distancia (53 ± 6 parsecs) para 2M1207b usando o método de cúmulo en movemento.[9] Recentes resultados das paralaxes trigonométricas confirmaron esta distancia de cúmulo en movemento, levando a unha estimación de distancia de 52,75 +1,04
−1,00
parsec ou 172 ± 3 anos luz.[2]

As estimacións para a masa, tamaño e temperatura de 2M1207b aínda son moi pouco precisas. Aínda que as evidencias espectroscópicas son consistentes cunha masa de 8 ± 2 masas de Xúpiter e unha temperatura de superficie de 1600 ± 100 K, os modelos teóricos para este obxecto predín unha luminosidade 10 veces maior cá observada. Debido a isto, foron propostas estimacións máis baixas para a masa e temperatura. Alternativamente, 2M1207b pode estar escurecido por un disco de po e gas.[3] Como unha posibilidade improbable, Mamajek e Michael Meyer suxiren que o planeta é realmente moi pequeno, pero está irradiando calor xerada por unha recente colisión.[10][11]

Aínda que a masa de 2M1207b é menor que a necesaria para que a fusión do deuterio comece, isto ocorre a partir das 13 masas de Xúpiter, e a imaxe de 2M1207b foi amplamente aclamada coma a primeira imaxe directa dun planeta extrasolar, pode ser cuestionado se 2M1207b é realmente un planeta. Algunhas definicións do termo planeta esixen que un planeta se teñan formado do mesmo xeito cós planetas do noso Sistema Solar, por acrecentamento nun disco protoplanetario. [12] Con esta definición, se 2M1207b se formou directamente por colapso gravitacional dentro dunha nebulosa de gas, sería clasificado como unha sub-anana marrón, no canto dun planeta. Un debate similar existe en relación á identidade de GQ Lupi b, tamén fotografada por primeira vez en 2004.[13] Por outra banda, o descubrimento de casos marxinais como o de Cha 110913-773444-a, poñen en riba da mesa a cuestión se distinguir polo xeito da súa formación é unha forma razoable de distinguir entre estrelas/ananas marróns e planetas. [14] No 2006, a Unión Astronómica Internacional, a través do seu grupo de traballo sobre planetas extrasolares, describían a 2M1207b coma "un posible compañeiro planetario masivo que podería ser unha anana marrón".[15]

Citas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Simbad:[http://simbad.u-strasbg.fr/simbad/sim-id?Ident=2MASS%20J12073346-3932539 2M1207A}}, entrada en SIMBAD. Consultado o 15-06-2008.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 ~ emamajek/memo_2m1207.html "A distancia ó sistema 2M1207", Eric Mamajek, 8 de novembro do 2007. Consultado o 15 xuño do 2008.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 The Planetary Mass Companion 2MASS 1207-3932B: Temperature, Mass, and Evidence for an Edge-on Disk, Subhanjoy Mohanty, Ray Jayawardhana, Nuria Huelamo, and Eric Mamajek, Astrophysical Journal 657, #2 (March 2007), pp. 1064–1091. Bibcode:2007ApJ...657.1064M, Doi:10.1086/510877.
  4. 4,0 4,1 A proxección estimada da separación observada obtívose da separación angular observada e distancia estimada.
  5. 5,0 5,1 Star: 2M1207, Extrasolar Planets Encyclopaedia. Consultado o 15 de xuño do 2008.
  6. 6,0 6,1 A giant planet candidate near a young brown dwarf. Direct VLT/NACO observations using IR wavefront sensing, G. Chauvin, A.-M. Lagrange, C. Dumas, B. Zuckerman, D. Mouillet, I. Song, J.-L. Beuzit, P. Lowrance, Astronomy and Astrophysics, 425 (October 2004), pp. L29–L32. Bibcode:2004A&A...425L..29C, Doi:10.1051/0004-6361:200400056.
  7. 7,0 7,1 Si, é a imaxe dun exoplaneta: Astrónomos confirman a primeira imaxe dun planeta fora do noso sistema solar, ESO Press Release 12/05, 30 de abril de 2005, Observatorio Europeo do Sur. Consultado o 10 de xullo do 2010.
  8. Luminosidade bolométrica, Táboa 1, Mohanty 2007.
  9. Mamajek (2005). "A Moving Cluster Distance to the Exoplanet 2M1207b in the TW Hydrae Association". The Astrophysical Journal 634 (2): 1385-1394. Bibcode 2005ApJ...634.1385M. DOI:10.1086/468181.
  10. An Improbable Solution to the Underluminosity of 2M1207B: A Hot Protoplanet Collision Afterglow, Eric E. Mamajek and Michael R. Meyer, Astrophysical Journal 668, #2 (October 2007), pp. L175–L178. Bibcode:2007ApJ...668L.175M, Doi:10.1086/522957.
  11. "Planet collision could explain alien world's heat". NewScientist Space Website. 09-01-2008. Arquivado do orixinal o 10-01-2008. http://web.archive.org/web/20080110105806/http://space.newscientist.com/article/dn13163-planet-collision-could-explain-alien-worlds-heat.html. Consultado o 11-01-2008.
  12. E.g., Soter, in What Is a Planet?, Astronomical Journal 132, #6 (December 2006), pp. 2513–2519. Bibcode:2006AJ....132.2513S, Doi:10.1086/508861.
  13. Fresh Debate over First Photo of Extrasolar Planet, Robert Roy Britt, space.com, April 30, 2005. Consultado 0 16 de xuños do 2008.
  14. A Planet With Planets? Spitzer Finds Cosmic Oddball, Whitney Clavin, news article, NASA, November 29, 2005. Consultado o 16 de xuño do 2008.
  15. Lists of Extrasolar Planets, IAU Working Group on Extrasolar Planets, August 28, 2006. Consultado o 15 de xuño do 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: 2M1207b