2M1207

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2M1207

Imaxe infravermella de 2M1207 (azulada) e do seu acompañante planetario 2M1207b (avermellado), tomada polo Observatorio Europeo do Sur no ano 2004.
Data de observación
Época X2000.0 (ICRS)      Equinoccio X2000.0 (ICRS)
Constelación Centaurus
Ascensión recta 12h 07m 33.47s[1]
Declinación −39° 32′ 54.0″[1]
Magnitude aparente (V) 20,15[2]
Características
Tipo espectral M8[1]
Índice de cor V−R 2,1[2]
Índice de cor R−I 2,1[2]
Astrometría
Paralaxe (π)19,1 ± 0,4[2]mas
Distancia172 ± 3 al
(52,75 ± 1,0[3] pc)
Detalles
Masa~0,025[3] M
Raio~0,25[4] R
Luminosidade~0,002[4] L
Temperatura2.550 ± 150[4] K
Idadede 5 x 106 a 10 x 106[4] a
Outras denominacións
2MASSW J1207334−393254[1]
Referencias en bases de datos
SIMBADdatos

2M1207, 2M1207A ou 2MASS J12073346-3932539 é unha estrela anana marrón localizada na constelación de Centaurus; o seu compañeiro planetario, 2M1207b, podería se-lo primeiro planeta extrasolar en ser fotografado directamente, e o primeiro en ser descuberto orbitando unha anana marrón.[4][5]

2M1207 foi descuberta durante o curso da procura no infravermello do proxecto 2MASS: de aí o "2M" no seu nome, seguido polas súas coordenadas celestes. Cun tipo espectral de M8 obtido moi axiña (para unha anana marrón),[1] é moi nova e, probablemente, é un membro da asociación TW Hydrae. A súa masa estímase en preto de 25 masas de Xúpiter.[3] O compañeiro planetario, 2M1207b, estímase que unha masa de 3-10 masas de Xúpiter.[6] Aínda que é dun vermello brillante quente, vai a encoller de tamaño cara a un volume un pouco menor có de Xúpiter, mentres arrefría nos próximos millóns de anos.

Unha estimación inicial fotométrica da distancia ata 2M1207 foi de 70 parsecs.[3] En decembro de 2005, o astrónomo norteamericano Eric Mamajek informou dunha distancia máis precisa (53 ± 6 parsecs) para 2M1207 usando o método do cúmulo en movemento.[7] A nova distancia dálle unha feble luminosidade a 2M1207. Recentes resultados das paralaxes trigonométricas confirmaron esta distancia de cúmulo en movemento, levando a unha estimación de distancia de 53 ± 1 parsec ou 172 ± 3 anos luz.[3]

Coma as clásicas estrelas T Tauri, moitas ananas marróns están rodeadas por un disco de gas e po que agrega material á anana marrón.[8][9] En principio, sospeitouse que 2M1207 tiña un destes discos por mor das súas amplas liñas Hα. Isto foi máis tarde confirmado pola espectroscopia ultravioleta.[9] A existencia dun disco de po tamén foi confirmado polas observacións infravermellas.[10] En xeral, o acrecentamento dende estes discos é coñecido por producir uns jets (chorro relativista) cun movemento a gran velocidade, perpendiculares ó disco, de material expulsado.[11] Isto tamén foi observado en 2M1207; un documento de abril de 2007 editado no Astrophysical Journal informa de que esta estrela anana marrón está emitindo chorros de material dende os seus polos.[12] Os chorros, que se estenden ó redor de 109 quilómetros no espazo, foron descubertos grazas ao Very Large Telescope (VLT) do Observatorio Europeo do Sur. O material circula nos fluxos dos chorros cara ao espazo a algúns quilómetros por segundo.[13]

O sistema 2M1207
Compañeiro MasaSeparación observada
(UA)
b3–10[6] MJ40,6 ± 1,3[14]

Citas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 NAME 2M1207A, entrada SIMBAD. Consultado o 15-06-2008.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 An accurate distance to 2M1207Ab, C. Ducourant, R. Teixeira, G. Chauvin, G. Daigne, J.-F. Le Campion, Inseok Song, and B. Zuckerman, Astronomy and Astrophysics 477, #1 (January 2008), pp. L1–L4. Bibcode:2008A&A...477L...1D doi 10.1051/0004-6361:20078886.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "The Distance to the 2M1207 System" Arquivado 24 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine., Eric Mamajek, 8 de novembro do 2007. Consultado o 15 de xuño do 2008.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 The Planetary Mass Companion 2MASS 1207-3932B: Temperature, Mass, and Evidence for an Edge-on Disk, Subhanjoy Mohanty, Ray Jayawardhana, Nuria Huelamo, and Eric Mamajek, Astrophysical Journal 657, #2 (March 2007), pp. 1064–1091. 2007ApJ...657.1064M doi 10.1086/510877.
  5. Chauvin, G.; Lagrange, A.-M.; Dumas, C.; Zuckerman, B.; Mouillet, D.; Song, I.; Beuzit, J.-L.; Lowrance, P. (2004). "A Giant Planet Candidate near a Young Brown Dwarf". Astron. Astrophys. 425 (2): L29–L32. Bibcode:2004A&A...425L..29C. arXiv:astro-ph/0409323. doi:10.1051/0004-6361:200400056. 
  6. 6,0 6,1 Star: 2M1207 Arquivado 6 de outubro de 2011 en Wayback Machine., Extrasolar Planets Encyclopaedia. Consultado o 15 de xuño do 2008.
  7. Mamajek (2005). "A Moving Cluster Distance to the Exoplanet 2M1207b in the TW Hydrae Association". The Astrophysical Journal 634 (2): 1385–1394. Bibcode:2005ApJ...634.1385M. arXiv:astro-ph/0507416. doi:10.1086/468181. 
  8. More Sun-like stars may have planetary systems than currently thought Arquivado 17 de setembro de 2008 en Wayback Machine., library, Origins program, NASA. Consultado o 16 de xuño do 2008.
  9. 9,0 9,1 First Ultraviolet Spectrum of a Brown Dwarf: Evidence for H2 Fluorescence and Accretion, John E. Gizis, Harry L. Shipman, and James A. Harvin, Astrophysical Journal 630, #1 (September 2005), pp. L89–L91. Bibcode:2005ApJ...630L..89G doi 10.1086/462414.
  10. Spitzer Observations of Two TW Hydrae Association Brown Dwarfs, Basmah Riaz, John E. Gizis, and Abraham Hmiel, Astrophysical Journal 639, #2 (March 2006), pp. L79–L82. 2006ApJ...639L..79R, doi 10.1086/502647.
  11. Accretion-ejection models of astrophysical jets, R. E. Pudritz, in Accretion Disks, Jets and High-energy Phenomena in Astrophysics, Vassily Beskin, Gilles Henri, Francois Menard, Guy Pelletier, e Jean Dalibard, eds., NATO Advanced Study Institute, Les Houches, session LXXVIII, EDP Sciences/Springer, 2003. ISBN 3-540-20171-8.
  12. Whelan; Ray, T. P.; Randich, S.; Bacciotti, F.; Jayawardhana, R.; Testi, L.; Natta, A.; Mohanty, S.;; et al. (10-042007). "Discovery of a Bipolar Outflow from 2MASSW J1207334-393254, a 24 MJup Brown Dwarf". The Astrophysical Journal 659 (1): L45 – L48. Bibcode:2007ApJ...659L..45W. arXiv:astro-ph/0703112. doi:10.1086/516734. 
  13. Small Stars Create Big Fuss, Ker Than, May 28, 2007, space.com. Consultado o 15-06-2008.
  14. From estimated distance of 52,75 ± 1,0 parsec and observed angular separation of 769 ± 10 milliarseconds (angular separation from Mohanty 2007, above.)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]